Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 02 de setembro de 2003 Páx. 11.166

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a adxudicación do contrato de execución das obras do proxecto de clave LU-03-087.06.

A) Obra.

Título: pavimentacion e dotación de servicios na travesía de Santa María do Mao, 1ª fase. Estrada LU-641 de Castrocán a Toldaos, p.k. 6,900 ó 7,300.

Clave: LU-03-087.06.

Orzamento: trescentos corenta e catro mil setecentos setenta e catro euros con setenta e un céntimos (344.774,71 A).

Prazo de execución: 4 meses.

Clasificación: grupo g, subgrupo 4, categoría e.

Garantía provisional: non se esixe.

(Declarada urxente consonte o establecido no artigo 71 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares e o proxecto da obra que se relaciona e demais documentos de interese estará de manifesto e a dispor dos licitadores, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na delegación provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, na Rolda da Muralla, nº 70, 2º (Lugo).

C) Garantías que se esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no punto A) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 35 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño), e unha garantía definitiva equivalente ó catro por cento (4%) do orzamento de contrata.

As ditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar de presentación das proposicións.

As proposicións deberán dirixirse en sobres pechados ó rexistro xeral da delegación provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Lugo, ben persoalmente ou ben envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do sétimo día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións, na sala de xuntas da delegación provincial da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, edificio administrativo de Lugo.

G) Outras informacións.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre n º1).

H) Documentos que deberán presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Lugo, 11 de agosto de 2003.

Antonio Boné Pina

Delegado provincial de Lugo