Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 02 de setembro de 2003 Páx. 11.165

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2003, do Servicio Provincial de Estradas da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación, polo trámite de urxencia, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto da nova estrada Goente-As Pontes de García Rodríguez, clave: AC/99/066.01, termo municipal das Pontes de García Rodríguez.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia, establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras citadas no encabezamento desta resolución están incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B, «construcción, conservación e explotación de estradas».

Con data do 25 de marzo de 2003, o director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

procedeu á aprobación do proxecto de trazado e impacto ambiental da nova estrada Goente-As Pontes de García Rodríguez, clave: AC/99/066.01.

Con data do 2 de maio de 2003, a Xunta de Galicia, procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para a mencionada obra polo Decreto 263/2003, publicado no DOG número 97, do 21 de maio.

Na súa virtude, e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados, para compareceren no lugar, a data e a hora que se citan, para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Lugar: Casa Consistorial do Concello das Pontes de García Rodríguez.

-29 de setembro de 2003, de 9:30 a 14:00 horas para os predios 1 a 56.

-30 de setembro de 2003, de 9.30 a 14.00 horas para os predios 57 a 113.

-1 de outubro de 2003, de 9.30 a 14.00 horas para os predios 114 a 170.

-2 de outubro de 2003, de 9.30 a 14.00 horas para os predios 171 a 234.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes, estarán expostos no Concello das Pontes de García Rodríguez e no Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia (praza Luis Seoane, s/n, 8ª planta, 15071 A Coruña).

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e último recibo da contribución, podendo ser acompañados, pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e en cumprimento do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante un prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia (praza Luis Seoane, s/n, 8ª planta, 15071 A Coruña), as alegacións que consideren pertinentes

co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

A Coruña, 6 de agosto de 2003.

José Luis Rodríguez Alonso

Xefe do servicio