O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia, establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.
As obras citadas no encabezamento da presente resolución están incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B, «construcción, conservación e explotación de estradas».
Con data do 30 de setembro de 2003, o director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda procedeu á aprobación do proxecto de trazado da autovía Ferrol-Vilalba, treito: Espiñaredo núcleo urbano das Pontes de García Rodríguez, clave: AC/00/76.1.
Con data do 16 de xaneiro de 2003, a Xunta de Galicia, procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para a mencionada obra polo Decreto 105/2003, publicado no DOG número 21, do 31 de xaneiro.
Na súa virtude, e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados, para que comparezcan no lugar, data e a hora que se citan, para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladar ó lugar dos predios se o consideran necesario.
Lugar: Casa Consistorial do Concello das Pontes de García Rodríguez.
-22 de setembro de 2003, de 9.30 a 14.00 horas para os predios 1 a 56.
-23 de setembro de 2003, de 9.30 a 14.00 horas para os predios 57 a 113.
-24 de setembro de 2003, de 9.30 a 14.00 horas para os predios 114 a 170.
-25 de setembro de 2003, de 9.30 a 14.00 horas para os predios 171 a 224.
A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes estarán expostos no Concello das Pontes de García Rodríguez e no Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia (praza Luís Seoane, s/n, 8ª planta, 15071 A Coruña).
Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e último recibo da contribución, podendo ser acompañados, pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notario.
Así mesmo, e en cumprimento do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante un prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia (praza Luís Seoane, s/n, 8ª planta, 15071 A Coruña), as alegacións que consideren pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.
A Coruña, 6 de agosto de 2003.
José Luis Rodríguez Alonso
Xefe do servicio