Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 02 de setembro de 2003 Páx. 11.166

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 14 de xullo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/220).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administra

tiva e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LL.MM.TT.SS. Cantón Grande, 12.

Situación: A Coruña.

Descricións técnicas: liñas eléctricas subterráneas de media tensión a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 240 m de lonxitude, ambas con orixe e final en arqueta situada no cruzamento r/ Estrela con r/ Mantelería, unha vez entre e saia das instalacións que se van efectuar en edificio en construcción Fundación Caixa Galicia, no Cantón Grande, 12. Pola arqueta aludida pasan as liñas nas que entran as derivacións denominadas variante de liña a C.T. Damas e liña Pedra-Fachada-Electra-Praza de Lugo-Mantelería. Concello da Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 14 de xullo de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña