Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 01 de setembro de 2003 Páx. 11.106

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RÁBADE

ANUNCIO de licitación.

A Comisión de Goberno, na sesión do 22 de xullo de 2003, aprobou o proxecto técnico e o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán o concurso, por procedemento aberto, tramitación urxente, do proxecto básico e de execución de reestructuración da rúa comercial Álcalde Ángel Penas.

Anúnciase concurso conforme as seguintes prescricións:

Entidade adxudicadora: Concello de Rábade.

Organismo: Comisión de Goberno.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría do concello.

1. Obxecto do contrato.

Execución do proxecto básico e de execución de reestructuración da rúa comercial Alcalde Ángel Penas, conforme o prego de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas e proxecto técnico redactados polo arquitecto José Ignacio López de Rego Uriarte.

2. Lugar de execución: municipio de Rábade. Prazo de execución: dezaseis (16) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: importe: 331.197,90 A (IVE incluído).

5. Garantías.

Provisional: equivalente ó 2% do orzamento do contrato base da licitación na forma prevista no prego de cláusulas administrativas.

Definitiva: segundo o prego de cláusulas administrativas e TRLCAP.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Rábade.

b) Domicilio: r/ Lope de Vega, s/n.

c) Localidade e código postal: Rábade, 27370.

d) Teléfono: 982 39 00 62.

e) Telefax: 982 39 04 11.

Data límite da obtención da documentación e información: o día anterior ó de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación:

Dentro do grupo A) Movementos de terras e perforacións.

Subgrupo 1. Desmontes e baleiramentos.

Dentro do grupo E) Hidráulicas.

Subgrupo 1. Abastecementos e saneamentos.

Dentro do grupo G) Viais e pistas.

Subgrupo 6. Obras viais sen cualificación específica.

Dentro do grupo I) Instalacións eléctricas.

Subgrupo 1. Iluminacións e balizamentos luminosos.

Outros requisitos: os especificados no prego de cláusulas administrativas sobre solvencia técnica e económica.

8. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación: finalizará ós 13 días naturais contados desde o seguinte ó da data de publicación do anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, o que sexa posterior.

Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Lugar de presentación.

1ª Entidade: rexistro xeral do Concello de Rábade.

2ª Domicilio: r/ Lope de Vega, s/n.

3ª Localidade e código postal: Rábade, 27370.

10. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario.

Rábade, 28 de xullo de 2003.

Francisco Xosé Fernández Montes

Alcalde