Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 01 de setembro de 2003 Páx. 11.106

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

En cumprimento co disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública para o coñecemento xeral a seguinte adxudicación de contrato de asistencia técnica:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Infraestructuras.

c) Número de expediente: ref. 1502.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de asistencia técnica.

b) Descrición do obxecto: concurso para contrata-la redacción do proxecto básico e de execución da creación do bulevar, axardinamento e musealización, así como do centro de interpretación dos recursos sobre a orixe da cidade, termalismo e valores do municipio para construír na praza das Burgas, r/ Burgas, 2 e UE-2, e a contratación da dirección facultativa das obras.

c) Lote: único.

d) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: BOP nº 96, do 28 de abril, e DOG nº 85, do 5 de maio de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Adxudicación.

a) Data: 17 de xullo de 2003.

b) Contratista: César Portela Fernández-Jardón.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: redacción do proxecto: 60.000 euros; dirección da obra: 28.966,56 euros.

Ourense, 22 de xullo de 2003.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde