Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 01 de setembro de 2003 Páx. 11.107

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAMOS

ANUNCIO.

Por acordo da Comisión de Goberno, en sesión con data do 18 de agosto de 2003, anúnciase o concurso aberto, tramitación urxente, das obras de abastecemento de augas a Lastres, Lusío, Formigueiros, San Paio e Bustofrío (continuación).

Así mesmo, na dita sesión aprobouse o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que deberán rexe-la contratación, o que se expón ó público polo prazo de catro días hábiles na secretaría deste concello, contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP de Lugo ou no DOG, para efectos de presentación de reclamacións. A licitación aprazarase no caso de que se formulen reclamacións contra este prego. 1. Entidade adxudicadora. a) Organismo: Concello de Samos. b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría. 2. Obxecto do contrato. a) Descrición do obxecto: abastecemento de augas a Lastres, Lusío, Formigueiros, San Paio e Bustofrío (continuación) de acordo co proxecto técnico redactado polo enxeñeiro de camiños José Enrique Cacicedo Herrero. b) Lugar de execución: Samos. c) Prazo de execución: 3 (tres) meses. 3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación. a) Tramitación: urxente. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso. 4. Orzamento

base de licitación: 66.170,00 euros, IVE incluído. 5. Garantías. a) Garantía provisional: 1.323,40 euros. b) Definitiva: o 4% do importe de adxudicación. 6. Obtención de documentación e información. a) Entidade: Concello de Samos. b) Domicilio: pza. España, s/n. c) Localidade: Samos, CP 27620. d) Teléfono: 982 54 60 02-982 54 61 72; fax: 982 54 61 22. e) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día do prazo de presentación de proposicións. 7. Requisitos específicos do contratista: os sinalados no prego de cláusulas económico-administrativas. 8. Presentación de ofertas. a) Data límite: trece días naturais contados a partir do seguinte ó da última públicación deste anuncio no BOP de Lugo ou no DOG; se este fose inhábil, o seguinte hábil. b) Lugar de presentación: no rexistro xeral do Concello de Samos, das 9.00 ás 14.00 horas. 9. Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares. 10. Apertura das

ofertas: pola mesa de contratación na Casa do Concello de Samos, ás 12.00 horas do terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. 11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Samos, 19 de agosto de 2003.

O alcalde

Rubricado