Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 01 de setembro de 2003 Páx. 11.103

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 15 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de resolución do expediente sancionador 10/2003 a Manuel Pérez Agrelo.

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo tramitou expediente sancionador 10/2003, seguido de oficio pola Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, contra Manuel Pérez Agrelo, finalizando este trámite con resolución do expediente sancionador por non dedica-la vivenda de promoción pública a domicilio habitual e permanente sen causa xustificada durante un prazo superior a tres meses.

O citado acordo é do seguinte teor:

Resolución do expediente sancionador 10/2003:

Vistas as dilixencias seguidas de oficio pola Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

en relación coa vivenda de promoción pública construída baixo o expediente LU-85/100, conta 132, adxudicada a Manuel Pérez Agrelo, rúa Aquilino Iglesia Alvariño, 17-3º A de Lugo, e unha vez terminadas estas e logo das actuacións previas practicadas, de acordo cos seguintes feitos:

1. Con data do 13 de decembro de 2002 realízase de oficio visita de inspección á vivenda de referencia, resultando imposible localizar ninguén nela e constatando indicios de que o adxudicatario non reside de maneira habitual e permanente neste domicilio, segundo se reflicte na correspondente acta de inspección nº 1709/2002.

2. Con data do 9 de xaneiro de 2003 solicitáronse os seguintes certificados:

-Certificado de empadroamento do adxudicatario solicitado ó Concello de Lugo.

-Certificado do consumo de enerxía eléctrica da vivenda solicitado á empresa BEGASA.

-Certificado sobre o consumo real de auga da vivenda solicitado ó Concello de Lugo.

3. En contestación ás anteriores peticións recíbese a seguinte documentación:

-Con data do 31 de xaneiro de 2003, certificado do Concello de Lugo, segundo o cal resulta que no padrón de habitantes dese concello causou baixa o titular.

-Con data do 20 de xaneiro de 2003, certificación do consumo de enerxía eléctrica remitido pola empresa BEGASA, indicando que o titular non figura con contrato para a subministración.

4. O artigo 5, punto C, da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, dispón que o non destino das vivendas de protección oficial ou daquelas para as que se recibiu unha axuda da Comunidade Autónoma a domicilio habitual e permanente ou mantelas deshabitadas sen causa xustificada durante un prazo superior a tres meses constitúe unha infracción grave.

5. Que con data do 6 de maio de 2003 se dictou proposta de resolución do citado expediente sancionador, pola que se propoñía a imposición a Manuel Pérez Agrelo dunha sanción de 601,02 euros de multa, notificada ó denunciado mediante publicación no Diario Oficial de Galicia nº 118, do 19 de xuño de 2003.

6. Que con data do 2 de novembro de 2001, Manuel Pérez Agrelo presentara escrito no que solicitaba autorización para ausentarse da vivenda por motivos de saúde, tendo que desprazarse a Portugalete (Vizcaya), onde reside a súa filla.

Feito probado:

Determínase así, como feito probado, que Manuel Pérez Agrelo, non incumpriu a obriga de destina-la vivenda de promoción pública a domicilio habitual e permanente.

Fundamentos de dereito:

1. É competente para dicta-la resolución do presente expediente o delegado provincial do IGVS de Lugo, en virtude do disposto no artigo 1 do Decreto 134/1997, do 22 de maio, sobre desconcentración de competencias sancionadoras en materia de vivenda establecidas no artigo 10 da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

2. Que a infracción imputada se encontra tipificada no artigo 5 c) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, que sinala que terán a cualificación de infraccións graves... c) O non destino das vivendas de protección ou daquelas para as que se recibiu unha axuda da Comunidade Autónoma a domicilio habitual e permanente ou mantelas deshabitadas sen causa xustificada durante o prazo superior a tres meses e, en tal sentido o Real decreto 3148/1978, do 10 de novembro, polo que se desenvolve o Real decreto lei 31/1978, do 31 de outubro, sobre política de vivenda, define no seu artigo 3 o que se entende por domicilio habitual e permanente, e do mesmo despréndese que se entende por domicilio permanente o que constitúa a residencia do titular, ben sexa propietario ou arrendatario, e sen que perda tal carácter polo feito de que este, o seu cónxuxe ou parentes, dun e doutro, ata o terceiro grao que convivan co titular, exerzan na vivenda unha profesión ou pequena

industria doméstica, aínda que sexa obxecto de tributación, e por domicilio habitual, enténdese cando a vivenda non permaneza desocupada máis de tres meses, salvo que medie xusta causa.

3. Que mediante o referido oficio, xustifica plenamente a ausencia da vivenda por motivos de saúde, non incumprindo a obriga de destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente.

Vistos os artigos citados, a Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, a Lei de réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común e o Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora,

RESOLVO:

Sobrese-lo expediente sancionador 10/2003 incoado a Manuel Pérez Agrelo e ordena-lo arquivo das actuacións.

Contra a presente resolución que non pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada de conformidade co establecido na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes.

Lugo, 15 de xullo de 2003.

Antonio Boné Pina

Delegado provincial de Lugo