Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 01 de setembro de 2003 Páx. 11.104

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 30 de xullo de 2003, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se lle notifica ó interesado o requirimento de pagamento acordado no expediente de desafiuzamento administrativo P-155/2003.

De conformidade cos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado, por comparecencia na que se lle dará coñecemento do contido íntegro do acto ó que se notifica.

A comparecencia deberase efectuar ante o órgano de tramitación, Sección de Inspección e Sancións do Instituto Galego da Vivenda e Solo, situado na rúa Alcalde Hevia, nº 7, 36071 Pontevedra, nun prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación desta cédula.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 30 de xullo de 2003.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-80/020 (expte. desaf.: P-155/2003).

Cta.: 48.

Nome: Alberto Piñeiro Vilariño.

Enderezo: rúa Tui, blq. 2, nº 12-6º H en Coia, Vigo, Pontevedra.

Impago débeda: 19.216,25 euros.