Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 01 de setembro de 2003 Páx. 11.067

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo regulador das condicións de emprego do persoal funcionario do Concello de Poio.

Visto o texto do acordo regulador das condicións de emprego do persoal funcionario do Concello de Poio, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 18-6-2003, subscrito en representación da parte económica por unha representación do concello, e, da parte social, polos delegados sindicais do persoal funcionario, o 12-5-2003, e aprobado polo Pleno da Corporación o 27-5-2003, e de conformidade co disposto no artigo 36 (na súa nova redacción dada pola Lei 7/1990, do 19 de xullo) da Lei 9/1987, do 12 de xuño, de órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ó servicio das administracións públicas, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Admiti-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Concilición desta delegación.

Segundo.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 4 de xullo de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Vigo

Acordo regulador para o persoal funcionario

do Concello de Poio

Limiar

As partes asinantes do acordo regulador para funcionarios/as do Concello de Poio, queren deixar constancia de:

1. Que o acordo foi posible gracias ó clima de diálogo e consenso que presidiu todas e cada unha das reunións que tiveron lugar con tal finalidade.

2. Que este espírito de diálogo, respecto das relacións laborais, no seu máis amplo sentido, é o que as partes pretenden que presida todas e cada unha das actuacións durante a súa vixencia; o que sen dúbida representa unha proba de madurez e modernidade dos negociadores, organizacións e institucións que representan as persoas que interviñeron na súa elaboración.

3. Que este acordo regulador pretende dota-lo concello e os/as traballadores/as ó seu servicio, dun instrumento útil, actualizado e eficaz que faga que esta institución municipal sirva con obxectividade ós intereses xerais, actuando de acordo cos principios de eficacia, xerarquía, coordinación, etc. que unha sociedade de dereito e democrática proclama

na procura dun servicio público acorde coa sociedade do século XXI, considerando que é unha tarefa conxunta responder axeitadamente as demandas da sociedade.

4. Que a súa eficacia dependerá do ánimo constructivo e da recíproca responsabilidade, non só de quen os negociar e acordar, senón tamén de todos aqueles/as que dunha ou outra maneira, puidesen ter relación con ela durante a súa prolongada vixencia.

Título preliminar

A negociación deste acordo regulador efectuouse de forma única e global.

Capítulo I

Ámbito de aplicación e vixencia

Artigo 1º.-Consideracións xerais.

Este documento constitúe o acordo regulador para o persoal funcionario/a do Concello de Poio no que se regulan as relacións, condicións de traballo, dereitos e obrigas pactados entre o concello e mailos sindicatos con representación nos delegados de persoal, ó abeiro do establecido na Lei 9/1987, do 12 de xuño, de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ó servicio das administracións públicas, modificada pola Lei 7/1990, do 19 de xullo.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.

1. Este acordo regulador afecta única e exclusivamente o persoal dependente do Concello de Poio que a continuación se relaciona:

a) Funcionarios/as de carreira incluídos no cadro de persoal orzamentario do concello, calquera que sexa a súa categoría ou posto de traballo que ocupen ou centro onde o desempeñen.

b) Os que, sen teren a condición de funcionarios/as de carreira, posúan nomeamentos interinos para cubrir prazas vacantes ata que se efectúe a súa oportuna provisión, excepto naqueles puntos que non lles sexa de aplicación (antigüidade, melloras sociais, etc).

2. Quedan expresamente excluídos deste acordo regulador:

a) O persoal eventual que desempeñe un posto de traballo de confianza ou asesoramento especial.

b) Os que fosen autorizados para realizar prácticas en centros dependentes deste concello con carácter voluntario e gratuíto.

c) Os que teñan unha bolsa de formación posgraduada, de investigación ou docencia en centros dependentes do concello.

d) O persoal funcionario/a que fose transferido á Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 3º.-Período de vixencia.

1. Vixencia. Coa independencia da data na que sexa asinado polas partes, aprobado polo Pleno da

Corporación Municipal e publicado no BOP, con remisión á oficina pública á que se refire o artigo 4 en relación coa disposición derradeira primeira da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, este acordo regulador entrará en vigor o día seguinte ó da publicación no BOP, abranguendo o seu período de vixencia tres anos, pero con efectos económicos do 1 de xaneiro de 2003. Non obstante, entenderase prorrogado por anos ata a entrada en vigor do acordo que o substitúa.

2. Denuncia. Ámbalas dúas partes poderán denuncia-lo presente acordo regulador por escrito, cunha antelación de tres meses á data de vencemento ou calquera das súas sucesivas prórrogas.

3. Prórroga. Denunciado o acordo regulador e ata tanto non se logre un novo expreso, manterase en vigor o seu contido normativo.

Artigo 4º.-Obxecto.

Este acordo regulador ten por obxecto regular e establece-las normas que han de rexe-las condicións de traballo dos funcionarios/as públicos do Concello de Poio, modificando, substituíndo ou renovando aquelas materias nas que se producisen alteracións, no marco da lexislación do Estado e da Comunidade Autónoma.

Esta normativización lévase a cabo suxeitándose ó ordenamento xurídico e de conformidade cos principios de legalidade e eficacia.

Artigo 5º.-Carácter.

O acordo regulador ten un carácter máximo dentro do que estableza a lexislación vixente, necesario e indivisible para tódolos efectos, no sentido de que as condicións nel pactadas constitúen un todo orgánico unitario, e serán consideradas global e conxuntamente, vinculado á totalidade.

De producirse algunha alteración nestas disposicións que modificase a situación legal, no sentido de incrementa-las retribucións ou mellora-las condicións sociais ou de emprego pactadas neste convenio, procederase a revisa-lo que nel se estipula, aplicando de inmediato as condicións máis favorables para os funcionarios/as e traballadores/as deste concello.

Artigo 6º.-Aplicación preferente.

As disposicións que contén este acordo regulador, con base no equilibrio das recíprocas prestacións ás que se obrigan ámbalas partes, aplicaranse con preferencia a calquera outra, garantíndose as potestades da Administración municipal exercidas neste acordo regulador como manifestación da súa autonomía autoorganizatoria e regulamentaria, en canto non vulnere disposicións estatais ou autonómicas con rango de lei de obrigado cumprimento polas entidades locais.

Como dereito supletorio e para o non previsto neste acordo regulador aplicarase o previsto na lexislación local, na Lei da función pública de Galicia, nas normas administrativas reguladoras do réxime fun

cionarial estatal, e nas demais leis de concordante e pertinente aplicación.

Capítulo II

Seguimento e desenvolvemento

Artigo 7º.-Comisión paritaria mixta.

Dentro do mes seguinte ó da entrada en vigor deste acordo regulador constituirase a comisión paritaria mixta, de interpretación, vixilancia, estudio e aplicación daquel.

Esta comisión estará composta por un representante de cada organización sindical con representación nos delegados de persoal, e o mesmo número de representantes por parte do concello así como aqueles outros asinantes do acordo.

A comisión reunirase con carácter ordinario unha vez cada seis meses, e con carácter extraordinario sempre que xustificadamente o coide preciso algunha das partes para analizar temas concretos.

O concello, dentro das súas posibilidades, comprométese a facilita-los medios persoais e materiais para que a comisión poida desenvolve-lo seu traballo.

Na sesión constitutiva procederase á designación do presidente e do secretario, que serán o alcalde e o secretario xeral, se solicitan para si estas funcións, ou o concelleiro e funcionario/a nos que deleguen. O secretario non terá voto. De non solicitar para si as funcións da presidencia e da secretaría, procederase á elección de presidente e secretario entre os membros compoñentes da comisión paritaria. As partes poden en calquera das súas reunións estar asistidas por asesores, nunca en número superior a dous por cada parte.

As partes tamén poderán poñer en coñecemento da comisión paritaria cantos conflictos, irregularidades e discrepancias poidan suscitarse na interpretación e aplicación do acordo regulador, a fin de que a comisión emita o seu dictame sobre o particular e, consecuentemente, poida utiliza-las accións ou os medios ós que fai referencia o título V da Lei orgánica de liberdade sindical.

Os acordos adoptaranse por unanimidade entre as dúas representacións, serán recollidos en acta e daráselles publicidade no taboleiro de edictos e nos sindicais. Cando se considere necesario debido á súa transcendencia e incidencia, publicaranse no BOP.

Os acordos interpretativos vinculan as partes e incorporaranse ó acordo regulador como anexo, logo da súa ratificación polo Pleno da Corporación.

Correspóndenlle á comisión paritaria, especificamente, as seguintes funcións:

a) A interpretación da totalidade do articulado ou cláusulas do acordo regulador.

b) A análise ou o estudio das denuncias por incumprimento do acordo regulador.

c) A vixilancia do pactado, tanto no ámbito individual coma no colectivo.

d) A facultade de conciliación previa naquelas cuestións que lle sexan sometidas de común acordo polas partes, sen prexuízo da posterior ratificación do órgano competente do concello, de resultar precisa.

Denunciado este acordo regulador e ata a entrada en vigor dun novo, a comisión paritaria mixta continuará exercendo as súas funcións.

A comisión paritaria mixta, a través da Alcaldía, poderá solicitar toda clase de información relacionada coas cuestións da súa competencia, que lle será facilitada polo concello.

TÍTULO I

Permanencia e asistencia ó traballo

Capítulo I

Xornada e horario

Artigo 8º.-Calendario laboral.

O calendario laboral será o establecido con carácter oficial pola Xunta de Galicia, coas peculiaridades propias do Concello de Poio.

Artigo 9º.-Xornada laboral.

1. A xornada que se realizará e horarios dos distintos servicios determinaranse por resolución da Alcaldía, previamente negociada coa representación de persoal e de acordo coas disposicións legais vixentes específicas das funcións da Administración local.

Calquera modificación futura deberá negociarse e acordarse tamén entre o alcalde ou concelleiro delegado de persoal e representantes de persoal.

A reducción da xornada de verán da policía local, e calquera outro servicio que sexa necesario, será negociada e acordada entre o alcalde e os delegados de persoal.

2. Para tódolos efectos, considerarase traballo efectivo o prestado dentro do horario establecido polo órgano competente e o que corresponde polos permisos retribuídos polos créditos de horas retribuídas para funcións sindicais.

3. En determinados supostos poderá establecerse a posibilidade de xornada superior á ordinaria. Nos ditos supostos, os funcionarios/as terán dereito a percibi-los complementos que correspondan.

4. Naqueles casos en que resulte compatible coa natureza do posto e coas funcións do centro de traballo, o traballador/a poderá solicitarlle ó órgano competente o recoñecemento dunha xornada reducida continua e ininterrompida de cinco (5) horas diarias, percibindo a parte proporcional das retribucións.

5. O horario normal de traballo será negociado e acordado entre o alcalde e os delegados de persoal.

6. Todo o persoal afectado por este acordo regulador, sen excepción, estará sometido ós sistemas

de control horario e asistencia mediante o sistema de control que se estime conveniente en cada centro de traballo e que serán organizados polo concello de xeito fiable.

O rexistro xeral e aquelas outras dependencias nas que así sexa preciso deberán estar abertas os días hábiles, caso no que a atención será rotatoria e compensada mediante acordos cos representantes do persoal na comisión paritaria mixta.

A xornada semanal será de luns a venres, agás os servicios que tradicionalmente se veñen prestando os sábados pola mañá.

Artigo 10º.-Traballo nocturno.

Considérase traballo nocturno o efectuado entre as vintedúas (22.00) horas e as oito (8.00) horas da mañá.

Co condicionante de que a reorganización do traballo e a remodelación das quendas non implique un incremento do cadro de persoal, a realización dos traballos en quenda de noite terá carácter voluntario para todo o persoal, unha vez que estes cumpran 55 anos de idade, para o cal deberán manifesta-la súa opción, polo menos con dous meses de antelación e terán que permanecer nesta situación por un tempo mínimo dun ano. Así mesmo, poderase eximir tamén de prestar servicio en horario nocturno a aqueles funcionarios/as que así o soliciten e xustifiquen con informe médico de facultativo especialista do Servicio Público de Saúde indicando as repercusións negativas que temporalmente tales servicios poidan ter en procesos de enfermidades psiquico-físicas.

A compensación económica ou gratificación para o persoal que preste servicios en horario nocturno, eventualmente ou de forma extraordinaria, será a fixada de 12 euros por quenda de noite realizada.

Artigo 11º.-Absentismo.

O Concello de Poio, coa colaboración dos delegados de persoal, potenciará os instrumentos de control e de reducción do absentismo laboral a través, entre outras, de adopción de medidas de mellora dos sistemas de medición do absentismo laboral e do seu seguimento, realizando os estudios necesarios sobre as súas causas, que deberá debate-la comisión paritaria mixta, por se fose necesario acollerse ás medidas tendentes á súa reducción, e adoptando, caso de que proceda, as medidas procedentes para a súa reducción.

Artigo 12º.-Comunicación de ausencias.

As ausencias e as faltas de puntualidade, de permanencia do persoal en que se aleguen causas de enfermidade, incapacidade temporal e outras de forza maior, requirirán avisar, o antes posible, o responsable do servicio ou do centro no que figure adscrito, así como a súa ulterior xustificación regulamentaria acreditativa, que se presentará ante o órgano competente en materia de persoal. A non xustificación tal e como se expresa no punto anterior considerarase absentismo.

Capítulo II

Vacacións

Artigo 13º.-Vacacións anuais.

1. De conformidade coa nova regulación das vacacións introducida pola Lei 53/2002, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social, pola que se deu nova redacción ó artigo 68 do texto articulado da Lei de funcionarios civís do Estado, aprobado polo Decreto 315/1964, do 7 de febreiro, aplicable supletoriamente á Administración local, as vacacións anuais terán o seguinte réxime: «1. Tódolos funcionarios terán dereito, por ano completo de servicios, á aproveitar unha vacación retribuída dun mes natural ou de 22 días hábiles anuais ou os días que corresponda proporcionalmente ó tempo de servicios efectivos. 2. Así mesmo, terán dereito a un día hábil adicional ó cumprir 15 anos de servicio, engandíndose un día hábil máis ó cumpri-los 20, 25 e 30 anos de servicio, respectivamente, ata un total de 26 días hábiles por ano natural, en períodos mínimos de 5 días hábiles consecutivos. Este dereito farase efectivo a partir do ano natural seguinte ó de cumprimento dos anos

de servicio sinalados no parágrafo anterior. 3. O efecto previsto neste artigo, non se considerarán como días hábiles os sábados, sen perxuízo das adaptacións que establezan para os horarios especiais».

Igualmente se recoñece a tódolos funcionarios municipais o dereito previsto polo convenio internacional da OIT (Organización Internacional do Traballo) nº 132, de 24-6-1970 (BOE do 5-7-1974), de poder disfruta-las vacacións ordinarias retribuídas durante os 18 meses seguintes á finalización do ano, os que non puideron desfrutar estas vacacións por enfermidade ou accidente.

2. Nos servicios onde se poida producir colisión de intereses respecto ó desfrute das vacacións organizaranse as quendas de xeito rotatorio.

3. Antes do día 1 de abril de cada ano, tódolos servicios e centros dependentes do concello elaborarán o seu cadro de vacacións, que se lle deberá remitir ó servicio de persoal para que o aprobe a Alcaldía.

Calquera variación do cadro deberá ser comunicada cun mes de antelación, excepto os casos de urxencia excepcionais. O cadro de vacacións exporase en cada un dos servicios e centros.

En todo caso, o persoal poderá coñecer con, polo menos, dous meses de antelación, a data das súas vacacións. No suposto de que isto resulte imposible a causa das quendas ou das necesidades do servicio debidamente acreditadas e xustificadas, saberano cunha antelación mínima dun mes, co obxecto de que poidan organiza-lo exercicio deste dereito.

4. No suposto de que a baixa sobreviñera con anterioridade ó inicio das vacacións e subsistise no día sinalado para o comezo destas, estas non comezarán a correr para o interesado, logo de informe e baixo control dos servicios médicos.

De producirse unha colisión de intereses entre o funcionario/a que se encontraba afectado pola enfermidade ou accidente, e aqueles outros do mesmo servicio que xa as teñen programadas, terán estes últimos preferencia sobre aqueles.

5. As vacacións no poderán ser compensadas en metálico, nin en todo nin en parte, agás cando durante o transcurso do ano se produza a extinción da relación funcionarial, sexa declarado en situación de excedencia ou de suspensión de funcións e aínda non desfrutase ou completase na súa totalidade o aproveitamento do período de vacacións.

6. O período de aproveitamento das vacacións poderá ser interrompido voluntariamente se as necesidades do servicio así o esixisen ou cando mediasen circunstancias de carácter extraordinario. En tal caso, o/a afectado/a, unha vez restablecida a situación, conservará o seu dereito a completa-lo seu aproveitamento aínda que teña rematado o ano natural a que correspondan.

7. A funcionaria embarazada terá dereito a escolle-la data das súas vacacións regulamentarias, sempre e cando as una á baixa por maternidade.

Capítulo III

Permisos e licencias

Artigo 14º.-Permisos.

1. Sen prexuízo do disposto na lexislación vixente en cada momento, establécese o seguinte réxime de permisos:

a) Por nacemento dun fillo, acollemento ou adopción dun fillo dentro do primeiro grao de consangüinidade ou afinidade, 3 días hábiles cando o suceso se produza na mesma localidade e 5 días hábiles cando sexa en distinta localidade.

b) Por falecemento, enfermidade ou accidente grave dun familiar dentro do primeiro grao de consangüinidade ou afinidade, ou daqueles que, sen estaren comprendidos en tal graduación, constitúan a unidade familiar de convivencia previamente acreditada e debidamente apreciada polo alcalde ou concelleiro delegado de persoal; poderanse conceder permisos desde o mínimo legalmente establecido ata o máximo de quince días naturais.

c) Por falecemento, accidente ou enfermidade grave dun familiar dentro do segundo grao de consanguinidade ou afinidade o permiso será de 2 días hábiles cando o suceso se produza na mesma localidade e 4 días hábiles cando sexa en distinta localidade.

d) Por traslado de domicilio habitual sen cambio de residencia, un día hábil (artigo 70.1º b)) da Lei de funcionarios públicos de Galicia 4/1988). Este permiso non se poderá aproveitar máis dunha vez ó ano.

e) As funcionarias embarazadas terán dereito a ausentarse do traballo para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación ó parto, polo tempo necesario para a súa práctica e previa xus

tificación da necesidade da sinalización dentro da xornada de traballo.

f) A funcionaria, por lactación dun fillo menor de 9 meses, terá dereito a 1 hora diaria de ausencia do traballo, que poderá dividir en 2 fraccións. Este dereito poderá substituírse por unha reducción da xornada normal en media hora ó inicio e ó final da xornada, ou nunha hora ó inicio ou ó final da xornada, coa mesma finalidade. Este dereito poderá ser exercido indistintamente polo pai ou nai, no caso de que ambos traballen.

g) Para concorrer a exames finais ou parciais eliminatorios e demais probas de aptitude e avaliación definitivas en centros oficiais, durante os días ou tempo da súa realización, logo de solicitude con 72 horas de antelación, debendo presentar un xustificante ó respecto. Este permiso entenderase para participar en exames e probas en centros oficiais.

h) Para cumprir deberes inescusables de carácter público e persoal, o tempo que resulte indispensable, debendo acreditar documentalmente o motivo e o tempo investido.

Para tal efecto considéranse deberes de inescusable carácter público e persoal os seguintes:

-Citacións de xulgados, comisarías, Subdelegación do Goberno, concellos, etc.

-O exercicio do cargo efectivo de concelleiro, deputado, conselleiro, parlamentario autonómico, estatal ou europeo.

- As consultas, tratamentos ou exploracións durante a xornada de traballo, sempre que estas asistencias estean debidamente xustificadas. Este permiso será extensivo ó acompañamento do cónxuxe, fillos menores de idade, pais e daqueles outros en caso de enfermidade grave, que, sen estaren comprendidos en tal graduación, constitúan a unidade familiar de convivencia previamente acreditada e apreciada pola Alcaldía ou concelleiro delegado de persoal, e terá a duración precisa para que o funcionario/a sexa atendido debidamente, sempre que non se poida acudir fóra do horario de traballo.

i) Por asuntos particulares ó longo do ano, ata nove (9) días, non recuperables, sen xustificación e respectando sempre as necesidades do servicio. Estes días solicitaranse formalmente e poderán engadirse ós días de descanso de fin de semana. Cando non sexa posible aproveita-lo referido permiso antes de finaliza-lo mes de decembro do ano en curso, só poderán concederse durante o mes de xaneiro do ano seguinte. En caso de coincidir días de vacacións ou días de descanso semanal con días de asuntos particulares, terá preferencia o persoal que dispoña de días de vacacións ou de descanso semanal pendentes.

A solicitude deste permiso por asuntos persoais seguirá o procedemento establecido con carácter xeral para os permisos regulados neste artigo, salvo que afecte o persoal das brigadas, caso no que a conformidade lle corresponde ó encargado da brigada.

j) Por matrimonio de pais, irmáns e fillos concederase de permiso o día no que se celebre.

k) 2 días por divorcio.

2. A calquera funcionario que por necesidades reais solicite un intercambio de quincena, quenda ou franqueo seralle autorizado sen necesidade de xustificación, sempre e cando o solicite con 48 horas de antelación e sexa con outro funcionario ou funcionaria da súa mesma categoría profesional e compatible por razón de destino.

3. Os permisos solicitaranse en impreso oficial coa conformidade do xefe do servicio ou centro, e presentaranse a través do Rexistro Xeral do Concello, agás aqueles servicios que contan cunha regulación propia, con, polo menos, tres (3) días hábiles de antelación, agás nos casos de urxencia.

Estas solicitudes deberán resolverse con polo menos 24 horas de antelación ó día solicitado. Transcorrido este prazo sen que se dictase resolución expresa entenderase que o permiso foi concedido.

Artigo 15º.-Licencias.

1. Licencia por asuntos propios.

Conforme o previsto no artigo 142 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, e artigo 68.3º da Lei da función pública de Galicia e demais disposicións concordantes, a licencia por asuntos propios sen retribución será concedida pola Alcaldía ou concelleiro delegado, de se-lo caso, logo de informe do xefe do servicio correspondente. A concesión da dita licencia estará supeditada ás necesidades do servicio e a súa duración acumulada non poderá exceder de tres (3) meses cada dous (2) anos. A petición cursarase con, polo menos, un mes de antelación á data prevista para o seu aproveitamento e a denegación, de se-lo caso, deberá ser motivada e resolta no prazo de 20 días desde a súa recepción no servicio de persoal. Transcorrido o dito prazo sen resolución denegatoria entenderase estimada. Ó persoal interino e contratados laborais temporal non lles será de aplicación a licencia sen soldo dado o carácter da súa relación.

O tempo de aproveitamento desta licencia computarase para efectos de antigüidade.

2. Licencia por garda legal.

Quen por razóns de garda legal teña ó seu coidado directo algún menor de seis anos ou diminuído físico, psíquico ou ancián, que non desempeñe actividade retribuída ou non perciba ingresos superiores ó salario mínimo interprofesional, terá dereito a unha diminución da xornada laboral nun tercio ou ata un medio coa reducción proporcional das retribucións.

3. Licencia por parto ou adopción de menores de seis anos e maiores de seis anos discapacitados ou minusválidos.

A maternidade da funcionaria terá unha duración máxima de 16 semanas ininterrompidas, ampliables no suposto do parto múltiple en dúas semanas máis por cada fillo a partir do segundo. O período de

suspensión distribuirase a opción da interesada, sempre que seis semanas sexan inmediatamente posteriores ó parto. En caso de falecemento da nai, o pai poderá facer uso da totalidade ou, se é o caso, da parte que reste do período de suspensión.

Non obstante o anterior, no suposto de que o pai e a nai traballen, esta, ó iniciarse o período por descanso de maternidade, poderá optar por que o pai desfrute dunha parte determinada e ininterrompida do período de descanso posterior ó parto, salvo que no momento da súa efectividade a incorporación ó traballo da nai supoña un risco para a súa saúde.

Nos casos de adopción e acollemento, tanto preadoptivo como permanente de menores de ata seis anos, a suspensión terá unha duración de ata 16 semanas ininterrompidas, ampliables no suposto de adopción ou acollemento múltiple en dúas semanas máis por cada fillo a partir do segundo, contados a elección da funcionaria ou traballadora, ben a partir da decisión xudicial ou administrativa de acollemento, ben a partir da resolución xudicial pola que se constitúe a adopción. A duración da suspensión será así mesmo de 16 semanas nos supostos de adopción ou acollemento de menores maiores de seis anos de idade, cando se trate de menores discapacitados ou minusválidos, ou que polas súas circunstancias e experiencias persoais ou por viren do estranxeiro, teñan especiais dificultades de inserción social e familiar debidamente acreditadas. No caso de que o pai e a nai traballen, o período de suspensión distribuirase segundo a opción dos interesados, sempre con períodos ininterrompidos e cos límites

sinalados.

Nos supostos de aproveitamento simultáneo de períodos de descanso a suma destes non poderá exceder das 16 semanas, previstas nos puntos anteriores, ou das que regulamentariamente se determinan en caso de parto múltiple.

4. Licencia por matrimonio.

Por razón de matrimonio propio o persoal funcionario/a terá dereito a unha licencia de quince (15) días naturais de duración, que poderá aproveitar con anterioridade ou posterioridade ó día que teña lugar, incluído este, podendo tamén desfrutala sen solución de continuidade coas vacacións anuais regulamentarias. Esta licencia concederase con plenitude de dereitos económicos.

5. Licencia por estudios.

a) Poderá concederse licencia para realizar estudios ou cursos sobre materias directamente relacionadas co posto de traballo ou coas súas posibilidades de promoción profesional, logo de solicitude presentada no Rexistro Xeral e con fundamento na xustificación da súa asistencia, variedade de cursos ós que asistiu o/a interesado/a e á necesidade ou non para o servicio que preste o/a funcionario/a ou traballador/a. A súa autorización correspóndelle ó alcalde ou, se é o caso, ó concelleiro delegado de persoal e, no caso de concederse, o/a funcionario/a terá dereito a percibir toda a súa remuneración e

a indemnización prevista na lexislación aplicable. A duración desta licencia terá un límite de 60 horas, que poderá ser ampliado polo alcalde.

Tamén poderán concederse licencias para realizar másters que se encontren directamente relacionados co contido do posto de traballo sen dereito a ningún tipo de axuda económica nin indemnización.

b) Igualmente poderá concederse licencias para asistir a cursos de formación ou perfeccionamento relacionados co contido do posto de traballo por un tempo máximo de ata tres (3) meses, sen dereito a percibi-las retribucións correspondentes. O tempo transcorrido en tal situación computarase para efectos de antigüidade e durante ese período o funcionario/a permanecerá de alta no réxime xeral da Seguridade Social e terá dereito a que lle reserven o posto de traballo.

6. Estas licencias solicitaranse por escrito en modelo oficial, co visto e prace do xefe do servicio ou do centro onde o traballador preste servicios.

7. Ás parellas de feito debidamente inscritas como tales no rexistro oficial seralles de aplicación, de se-lo caso, as disposicións sobre permisos e licencias neste acordo/convenio para os funcionarios/as ou traballadores.

Capítulo IV

Reincorporación e recuperación

Artigo 16º.-Reincorporación a quendas despois dunha situación de baixa por enfermidade.

Todo o persoal que cause baixa por accidente laboral ou enfermidade profesional manterá o dereito de incorporación ó servicio e nas súas quendas correspondentes, sen mingua dos días de descanso establecidos neles, transcorrido o período de baixa.

Nos restantes casos de baixa por enfermidade ou accidente non laboral, cando o/a funcionario/a presente a alta, reincorporarase ó servicio e na súa quenda correspondente, desfrutando na semana da súa reincorporación a parte do descanso semanal que puidera corresponderlle, como consecuencia do tempo traballado con anterioridade á situación de baixa.

No caso de accidente laboral, terá dereito ás retribucións íntegras durante o primeiro ano e, caso de non ser posible a súa reincorporación como consecuencia do accidente, tramitarase expediente de xubilación por invalidez, mantendo o dereito ás retribucións íntegras ata o momento en que se produza a resolución.

TÍTULO II

Acceso, promoción e provisión

Capítulo I

Catalogación

Artigo 17º.-Relación de postos de traballo-guías de funcións.

A partir da entrada en vigor do presente convenio se elaborarase unha nova relación de postos de traballo e guías de funcións para todos e cada un dos

postos singularizados e non singularizados que integran o cadro de persoal.

Capítulo II

Ingreso

Artigo 18º.-Oferta de emprego público.

As necesidades de persoal que non poidan ser cubertas cos efectivos existentes e a provisión das cales se entenda necesaria por razóns de organización, incluiranse na oferta de emprego público do ano correspondente.

En todo caso, a corporación debe reservar na oferta de emprego público o número de prazas que a lexislación prevé para minusválidos, cumprindo desta forma o preceptuado na Lei 13/1982, do 7 de abril, de integración social de minusválidos, e artigo 5 apartados 1 e 2 do Real decreto 152/1985, do 6 de febreiro. Con tal fin farase constar na oferta o número, a denominación e as características das prazas de que se traten.

Artigo 19º.-Sistema de selección.

Toda selección do persoal funcionario/a deste concello deberá realizarse conforme a oferta de emprego público, mediante convocatoria pública, e a través dos sistemas de concurso, oposición ou concurso-oposición, nos que se garantan os principios de igualdade, mérito e capacidade e publicidade de acordo coa lexislación vixente.

O acceso á función pública será a través do sistema de oposición, salvo que pola natureza das funcións que se han desempeñar resulte máis adecuada a utilización do concurso-oposición e, excepcionalmente, do concurso.

Os procedementos de selección coidarán especialmente a conexión entre o tipo de probas que se terán que superar e a adecuación ás prazas ou postos de traballo laborais que se vaian desempeñar, incluíndo para tal efecto as probas prácticas que sexan precisas, procurando que estas se desenvolvan en primeiro lugar.

En ningún caso, o desempeño dun posto de traballo reservado a persoal eventual constituirá mérito para o acceso á función pública ou á promoción interna.

As bases das convocatorias tanto para a quenda restrinxida como para a libre deberán aprobarse unha vez oída a correspondente mesa de negociación.

Artigo 20º.-Órganos de selección.

Son órganos de selección os tribunais e as comisións permanentes de selección. Como norma xeral, a selección será efectuada por tribunais cunha composición que será determinada na oportuna convocatoria. En todo caso, deberase ter en conta que o seu número de membros non poderá ser inferior a sete e estarán integrados por un presidente, un secretario, dous concelleiros, un representante da Xunta de Galicia, proposto pola consellería competente; un representante da universidade, escolas ou colexios profesionais ou un experto na materia,

designado polo presidente, e un representante designado polos delegados de persoal, segundo os casos. Xunto cos titulares designaranse os respectivos suplentes.

A súa composición será predominantemente técnica e tódolos vocais deberán posuír unha titulación, grupo ou especialización igual ou superior á esixida para o acceso ás prazas convocadas.

Excepcionalmente, cando polo elevado número de aspirantes e o nivel de titulación e especialización esixido así o aconsellen, serán nomeadas comisións permanentes de selección.

Poderase designar un ou máis asesores cando así o esixa a especialización da materia.

Artigo 21º.-Persoal interino.

Cando a prestación dun servicio sexa de recoñecida e inaprazable urxencia e non poida ser desempeñada por persoal funcionario de carreira, procederá a selección e o nomeamento de persoal funcionario interino.

A selección e o nomeamento efectuaranse baixo os principios de igualdade, mérito e capacidade e publicidade, e, en todo caso, os aspirantes deberán reuni-los requisitos xerais de titulación e as demais condicións esixidas para participaren nas probas de acceso ós correspondentes corpos ou escalas como funcionarios/as de carreira.

Artigo 22º.-Promoción interna.

A promoción interna supón a posibilidade dos funcionarios/as de ascender dun grupo inferior ó inmediato superior mediante a superación de probas determinadas establecidas para o efecto.

En todo caso, os funcionarios/as que participen nas referidas probas deberán ter unha antigüidade de polo menos dous anos no corpo ou escala á que pertenzan, e posuí-la titulación e o resto dos requisitos establecidos con carácter xeral para o acceso ó grupo ou escala no que aspiren a ingresar.

A corporación deberá fomenta-lo ascenso dos seus funcionarios/as, para o que se compromete a convocar mediante este sistema a porcentaxe proposta pola comisión paritaria mixta, sempre e cando se axuste ós límites establecidos legalmente. Poderan participar nos procesos de promoción interna a auxiliares administrativos os funcionarios do grupo E da escala de Administración especial, así como os funcionarios do grupo E de Administración xeral ás do grupo superior da escala de Administración especial.

O procedemento de selección por esta quenda será o establecido no título V do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, que aproba o Regulamento xeral de ingreso do persoal ó servicio da Administración xeral do Estado e da provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios/as da Administración xeral do Estado.

A promoción realizarase a través do sistema de concurso-oposición, sen prexuízo de que se limite

o número de temas previstos regulamentariamente en función dos coñecementos esixidos para o acceso á praza ou posto de traballo de orixe.

Con carácter xeral, as probas realizaranse conxuntamente coas de quenda libre, agás que como consecuencia da planificación xeral dos recursos humanos o Pleno da Corporación autorice convocatorias independentes.

O número de vacantes reservadas para promoción interna fixarase en cada convocatoria, en función das necesidades de persoal de novo ingreso que existan.

No baremo de méritos incluiranse os seguintes:

a) Antigüidade no grupo, corpo ou escala de orixe.

b) Cursos de formación e perfeccionamento impartidos polo INAP, EGAP, concello ou calquera organismo oficial na súa función de formación permanente do persoal.

c) Titulacións académicas superiores ás esixidas para o acceso á praza.

d) Coñecemento do idioma galego, segundo o nivel de titulación que se posúa e segundo a regulación específica de cada convocatoria.

e) Calquera outro esixido pola lexislación vixente ou derivado da natureza e características das prazas e incluído nas bases, que non poderá exceder dun tercio do total.

A puntuación por cada apígrafe determinarase nas bases da convocatoria e non poderá ser superior ó 40% nin inferior ó 10% da total.

A suma das puntuacións obtidas na fase de concurso e nos exercicios da oposición nun mínimo de dous, un teórico e outro práctico, determinará a orde da relación de aprobados sen prexuízo do que determine a lexislación específica para cada tipo de proceso.

No caso de empate, este resolverase a favor do aspirante que conte con maior puntuación na fase de oposición; de persistir, o de maior antigüidade e por último, o de maior idade.

O funcionario/a que obtivese praza por esta quenda terá preferencia para elixir destino respecto ós provenientes da quenda libre.

Capítulo III

Provisión de postos de traballo

Artigo 23º.-O dereito ó cargo.

Asegúraselles ós/ás funcionarios/as do concello o dereito ó cargo sen prexuízo da súa adscrición a uns ou outros postos de traballo efectuado dentro das súas competencias polos distintos órganos do concello en materia de persoal, de conformidade co regulado neste capítulo e a lexislación vixente.

Artigo 24º.-Procedemento de provisión.

Os postos de traballo vacantes, antes da celebración das probas de novo ingreso, proveranse de acor

do cos procedementos de concurso, libre designación ou redistribución de efectivos por necesidades do servicio para os postos non singularizados, de conformidade co que determinen as relacións de postos de traballo en atención á natureza das súas funcións.

A convocatoria será aprobada polo alcalde e nela incluiranse tódolos postos de traballo vacantes non cubertos con carácter definitivo.

Nestas convocatorias só poderán participar os/as funcionarios/as de carreira do concello que se encontren en servicio activo e permanecerán un mínimo de dous anos no seu posto de traballo de destino definitivo.

As solicitudes para tomar parte nestas convocatorias dirixiranse ó presidente da corporación e, no suposto de seren varios os postos solicitados, deberán especifica-la orde de preferencia para a súa adxudicación.

O prazo de presentación de instancias será de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da convocatoria no taboleiro de anuncios do concello.

Finalizado o prazo de presentación de instancias, publicarase no taboleiro de anuncios do concello a resolución pola que se aproba a lista de aspirantes admitidos e excluídos, cos motivos da exclusión, a composición da comisión de valoración e a data e maila hora de constitución do dito órgano, co fin de que, nun prazo de cinco días hábiles, os interesados poidan efectua-las reclamacións que estimen oportunas, que serán resoltas por resolución da Alcaldía no mesmo prazo de cinco días hábiles.

A comisión de valoración constituirana un mínimo de 3 membros designados polo presidente da corporación, da que tamén formará parte un representante dos delegados de persoal.

Na provisión de postos polo sistema de concurso, a comisión de valoración proporá o/a candidato/a que obteña a maior puntuación.

O prazo para resolve-las convocatorias polo sistema de concurso será de dous meses e polo sistema de libre designación dun mes, contados en ambos supostos a partir do día seguinte ó da finalización do prazo de presentación de solicitudes, salvo que a propia convocatoria estableza outro distinto.

Nos procedementos de provisión polo sistema de concurso valoraranse os méritos específicos adecuados ás características de cada posto de traballo, segundo o seguinte baremo:

a) Antigüidade. Por anos de servicio, computándose os recoñecidos, prestados con anterioridade á adquisición da condición de funcionario/a de carreira.

b) Cursos de formación e perfeccionamento relacionados co contido do posto de traballo obxecto de provisión, impartidos polo INAP, EGAP, concello ou organismos oficiais.

c) Titulacións académicas superiores, distintas á esixida para o ingreso, ou outras homologadas por organismos oficiais, relacionadas coas funcións propias do posto de traballo.

d) Coñecemento do idioma galego, de se-lo caso, nas mesmas condicións sinaladas para o ingreso.

e) O grado de persoal do funcionario.

f) Valoración do traballo desenvolvido.

A puntuación de cada un dos conceptos enunciados nos puntos anteriores non poderá exceder en ningún caso do 40 % da puntuación máxima total, nin ser inferior ó 10 % dela.

No caso de empate na puntuación, acudirase para dirimila á outorgada nos méritos enunciados na letra a) e, de persisti-lo empate, terá preferencia o aspirante de maior idade.

Artigo 25º.-Reingreso ó servicio activo.

Os/as funcionarios/as de carreira que non teñan reserva de praza e de destino reingresarán ó servicio activo mediante adscrición provisional ó posto de traballo da praza que se encontre vacante, tendo a obriga de participaren no primeiro concurso de provisión de postos de traballo que se convoque, sempre que reúnan os requisitos esixidos. O posto de traballo cuberto provisionalmente incluirase necesariamente no seguinte concurso.

Artigo 26º.-Funcionarios/as de novo ingreso.

Resoltos os procedementos de provisión indicados nos artigos anteriores, os postos de traballo que resulten vacantes ofertaránselle ó/á funcionario/a de novo ingreso, segundo a seguinte orde de prelación:

a) Funcionarios/as que accederan a outra praza a través de promoción interna: adscribiranse ós postos de traballo vacantes por rigorosa orde de puntuación, sempre que cumpran os requisitos esixidos para desempeñala.

b) Funcionarios/as que accederan á súa praza en propiedade a través da quenda libre: adscribiranse por rigorosa orde de puntuación sempre que cumpran os requisitos esixidos para desempeñala.

Artigo 27º.-Redistribución de efectivos.

A Presidencia da Corporación poderá, motivadamente e sempre que existan necesidades por razón de servicio e que se trate de postos non singularizados, logo de audiencia ós delegados de persoal, redistribuí-los/as funcionarios/as.

Artigo 28º.-Comisión de servicios.

En caso de urxente e inaprazable necesidade, o alcalde poderá cubri-lo posto de traballo vacante en comisión de servicio ou adscrición provisional cun funcionario/a que reúna os requisitos establecidos para o seu desempeñalo.

A extensión temporal desta comisión será dun (1) ano e o posto de traballo cuberto temporalmente deberá incluírse necesariamente na seguinte convocatoria de provisión. Se o posto continuase vacante

podería prorrogarse a comisión de servicios por un ano máis.

O/a empregado/a en calquera destas situacións percibirá as retribucións básicas correspondentes ó grupo de titulación no que está incluída a súa praza e as complementarias dos posto de destino.

Artigo 29º.-Traballos de superior-inferior categoría.

En caso de urxente e extrema necesidade, a presidencia da corporación poderá adscribi-los/as funcionarios/as a postos de traballo de superior ou inferior categoría profesional, polo tempo mínimo imprescindible, dando conta disto ós delegados de persoal.

O/A funcionario/a que desempeñe un posto de traballo de superior categoría percibirá as retribucións complementarias do posto de traballo que desempeñe.

Artigo 30º.-Postos de traballo de segunda actividade.

Por razóns da saúde ou idade os funcionarios/as poderán presta-los servicios dentro dun posto de traballo adecuado a súa condición.

O concello, por proposta da comisión paritaria mixta, poderá crear postos de traballo de segunda actividade nos servicios que cubrirá o persoal adscrito ó propio servicio ou a outros, logo de informe dos servicios médicos especializados se se considerase necesario, tendo en conta a idade e o estado físico do funcionario/a. En todo caso, estes destinos serán voluntarios. Así mesmo, terase en conta o disposto no artigo 19 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

Artigo 31º.-Empresas de traballo temporal.

O Concello de Poio compromete a súa vontade de non proceder á contratación de persoal a través das empresas de traballo temporal.

Capítulo IV

Mobilidade e situacións administrativas

Artigo 32º.-Dereito á inamobilidade.

Como principio xeral, o funcionario/a terá dereito á inamobilidade, sempre que o servicio o consinta. Ós funcionarios/as que ocupen postos de traballo polo procedemento de concurso poderalles ser de aplicación o sistema de remoción previsto no artigo 50 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

Artigo 33º.-Mobilidade.

Considérase un dereito dos funcionarios/as do concello a mobilidade sinalada no artigo 17.2º da Lei 30/1984 en relación co artigo 101 da Lei 7/1985 e os artigos 42 e 27.3º da Lei da función pública galega, que debe aplicarse en tódalas convocatorias, regulando un sistema de mobilidade dos funcionarios/as entre as distintas corporacións locais e coa Comunidade Autónoma, coordinando para o efecto as ofertas de emprego público. O concello compro

métese a defender este dereito dos seus funcionarios/as.

Artigo 34º.-Permutas.

O concello comprométese a autoriza-las permutas internas entre funcionarios/as de idéntica categoría a petición de ambos, sempre que veñan avaladas polos respectivos xefes de servicio logo de audiencia ós delegados de persoal.

En aplicación do principio básico establecido no artigo 17.2º da Lei 30/1984, do 2 de agosto, e téndose en conta o seu posterior desenvolvemento, poderánselles conceder permutas ós funcionarios/as de carreira do concello, cando concorran as seguintes circunstancias:

a) Que os postos de traballo que ocupan sexan de igual natureza e idéntica forma de provisión.

b) Que os funcionarios/as que pretenden a permuta conten respectivamente cun número de anos de servicio que non difira entre si en máis de cinco.

c) Que se emita un informe previo por parte das corporacións afectadas.

d) Que non lles falte ós funcionarios/as afectados menos de dez anos para a súa xubilación forzosa.

A partir da concesión dunha permuta non se lle poderá autorizar ó interesado/a unha nova permuta ata que transcorran polo menos dez anos.

Artigo 35º.-Situacións administrativas.

As situacións administrativas do persoal funcionario/a rexeranse polo disposto no Real decreto 365/1995, do 10 de marzo, ó que remite o artigo 150 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril; capítulo II da Lei 4/1988, da función pública de Galicia; artigo 29 da Lei 30/1984, do 2 agosto, de reforma da función pública, e demais disposicións concordantes e de pertinente aplicación.

Artigo 36º.-Excedencia por coidado de familiares.

Os funcionarios/as de carreira terán dereito a un período de excedencia de duración non superior a tres anos para atende-lo coidado de cada fillo, tanto cando o sexa por natureza como por adopción ou acollemento permanente ou preadoptivo, que se contará desde a data do nacemento ou, de se-lo caso, da resolución xudicial ou administrativa.

Tamén terán dereito a un período de excedencia de duración non superior a un ano, para atende-lo coidado dun familiar que se encontre ó seu cargo, ata o segundo grao inclusive de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade non poida valerse por si mesmo e non desempeñe unha actividade retribuída.

O período de excedencia será único por cada suxeito causante. Cando un novo suxeito causante dea orixe a unha nova excedencia, o inicio do período desta porá fin ó que se viñera disfrutando.

Esta excedencia constitúe un dereito individual dos funcionarios/as. No caso de que dous funcionarios/as xerasen dereito a disfrutalo polo mesmo

suxeito causante, a Administración poderá limita-lo seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas, relacionadas co funcionamento dos servicios.

O período de permanencia nesta situación será computable para efectos de trienios, consolidación do grao persoal e dereitos pasivos. Durante o primeiro ano os funcionarios/as e traballadores/as terán dereito á reserva do posto de traballo que desempeñaron. Transcorrido este período a dita reserva serao ó posto na mesma localidade e de igual nivel e retribución.

TÍTULO III

Condicións económicas

Capítulo I

Persoal funcionario/a

Artigo 37º.-Principios xerais.

Independentemente das melloras contidas neste acordo regulador que afecten especificamente ó persoal do Concello de Poio, aplicaranse aquelas disposicións comúns que afecten o persoal ó servicio da Administración do Estado e que supoñan melloras tanto económicas coma profesionais e non veñan recollidas neste acordo regulador, todo isto con base no disposto nos artigos 92.1º e 93 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

Artigo 38º.-Conceptos retributivos do persoal funcionario.

1. Os conceptos retributivos de tódolos funcionarios/as do concello recolleranse e conceptuaranse en nómina a teor do seguinte esquema:

Retribucións básicas:

-Soldo.

-Trienios.

-Pagas extraordinarias.

Retribucións complementarias:

-Complemento de destino.

-Complemento específico.

-Complemento de productividade.

-Gratificacións.

Conceptos indemnizatorios:

-Axudas de custo.

-Gastos de desprazamentos.

-Asistencias.

Dando cumprimento á Resolución do 15 de novembro de 2002, da Secretaría de Estado, pola que se publica o acordo regulador do Consello de Ministros do 15-11-2002, que presta aprobación ó acordo administración-sindicatos para o período 2003/2004, sobre o aumento para o ano 2003 dun 20% do complemento de destino mensual en cada unha das pagas extraordinarias e do 40% para cada unha das pagas extraordinarias para o ano 2004.

Artigo 39º.-Complemento específico.

O concepto retributivo complemento específico detallarase nos seguintes conceptos xurídicos indeterminados:

-Responsabilidade.

-Dedicación.

-Incompatibilidade.

-Penosidade.

-Perigosidade.

-Especial dificultade técnica.

Artigo 40º.-Complemento de productividade.

Este complemento está regulado polo artigo 23.3º c) da Lei 30/1984 e acordo plenario correspondente.

Artigo 41º.-Traballos realizados fóra da xornada laboral.

As gratificacións que remuneren estes traballos non serán en ningún caso fixas na súa contía nin periódicas no seu devengo e aboaranse de acordo coa contía establecida nas bases de execución de retribucións do orzamento do concello de cada exercicio.

Gratificación especial. Os funcionarios/as que efectúen comparecencias, na súa condición de funcionarios/as para prestar declaracións perante autoridades xudiciais ou fóra das horas de servicio, serán compensados cunha indemnización por importe do valor de 2 horas extraordinarias.

Remuneración especial. Considéranse servicios extraordinarios aquelas xornadas de traballo que realice o persoal o que lle corresponda por quenda e que se presten efectivamente os días 25 de decembro e 1 de xaneiro e compensaranse mediante gratificación aplicando o baremo establecido para o valor da hora extraordinaria, incrementada nun 100 por 100 cun máximo de 91 euros.

Artigo 42º.-Indemnizacións por razón do servicio.

Os funcionarios/as terán dereito a percibi-las seguintes indemnizacións por razón do servicio, de acordo co previsto no Real decreto 462/2002, do 24 de maio:

a) Axudas de custo. Enténdese por axuda de custo a cantidade diariamente devengada para satisface-los gastos que orixinan a estancia ou a manutención fóra do posto de traballo habitual. Considerarase como axuda de custo enteira se se pernoita fóra da residencia habitual. As contías serán as sinaladas na lexislación vixente aplicable en cada momento.

b) Gastos de desprazamento. Consideraranse gastos de desprazamento a cantidade que se lle aboe ó funcionario/a polos gastos que se ocasionan pola utilización de calquera medio de transporte en función do servicio encomendado, e procurando que este se realice en servicios regulares de transporte.

A contía dos gastos de desprazamento en transportes regulares, aéreos, terrestres ou doutro tipo será aboada integramente.

Nos casos de utilización de vehículo particular, a indemnización devengarase sobre a base de 0,17 euros/quilómetro percorrido en automóbil e 0,07 euros/quilómetro percorrido en motocicleta.

Cando así o solicite o persoal, o aboamento das cantidades correspondentes realizarase con antelación ó seu desembolso polo interesado, con cargo a un anticipo á conta, coa obriga de xustificar posteriormente a realización do servicio encomendado.

TÍTULO IV

Dereitos sindicais

Capítulo I

Dereitos de representación, asociación e reunión

Artigo 43º.-A representación sindical.

De conformidade co disposto no artigo 3 da Lei 9/1987, do 12 de xuño, de órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación ó servicio das administracións públicas, así como a Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical e demais disposicións concordantes, os empregados públicos terán dereito a constituír órganos de representación dos seus intereses ante o Concello de Poio e, se é o caso, outras administracións ou entes públicos.

Artigo 44º.-Os delegados de persoal.

De conformidade coa lexislación vixente no Concello de Poio, os delegados de persoal son os órganos específicos de representación dos funcionarios/as que actúan con capacidade xurídica e de obrar en defensa dos intereses que lles son propios.

Os delegados de persoal, ademais das sinaladas no artigo 9 da Lei 9/1987, do 12 de xuño, de órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ó servicio das administracións públicas, Lei 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, terán as seguintes competencias:

1. Recibir información que lles será facilitada trimestralmente sobre a política do persoal do departamento, organismo ou entidade local.

2. Emitir informe, por solicitude da Administración pública correspondente, sobre as seguintes materias:

a) Traslado total ou parcial das instalacións.

b) Plans de formación de persoal.

c) Implantación ou revisión de sistemas de organización e método de traballo.

3. Ser informados de tódalas sancións impostas por faltas moi graves.

4. Ter coñecemento e ser oídos nas seguintes cuestións e materias:

a) Establecemento da xornada laboral e horario de traballo.

b) Réxime de permisos, vacacións e licencias.

c) Cantidades que perciba cada funcionario por complemento de productividade.

5. Coñecer, alomenos trimestralmente, as estatísticas sobre o índice de absentismo e as súas causas, os accidentes en acto de servicio e enfermidades profesionais e as súas consecuencias de traballo, así como dos mecanismos de prevención que se utilicen.

6. Vixia-lo cumprimento das normas vixentes en materia de condicións de traballo, Seguridade Social e emprego, e exercer, de se-lo caso, as accións legais oportunas ante os organismos competentes.

7. Vixiar e controla-las condicións de seguridade e hixiene no desenvolvemento do traballo.

8. Participar na xestión de obras sociais para o persoal establecidas na Administración correspondente.

9. Colaborar coa Administración correspondente para consegui-lo establecemento de cantas medidas procuren o mantemento e incremento da productividade.

10. Informa-los seus representados en tódolos temas e cuestións a que se refire este artigo.

11. Designa-lo representante que asista ós tribunais de oposicións ou concursos para a selección ou promoción do persoal.

Artigo 45º.-Dereitos e garantías sindicais.

A) Dereito á libre sindicación e acción sindical.

-Garántese o dereito á libre sindicación e organización dos funcionarios/as, así como á folga e á non discriminación, prexuízo ou sanción por razóns de afiliación e exercicio dos dereitos sindicais, de conformidade co disposto na Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, na Lei 9/1987, do 12 de xuño, dos órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ó servicio das administracións públicas.

-Garántese, polo tanto, o dereito á libre sindicación e organización dos funcionarios/as, de conformidade co establecido no título IV da Lei 11/1985, de liberdade sindical, reguladora da acción sindical, de tal forma que ós funcionarios/as afiliados a un sindicato se lles atribúen, no ámbito do Concello de Poio, as seguintes facultades:

-Constituír seccións sindicais de conformidade co establecido nos estatutos do seu sindicato.

-Celebrar reunións, logo de notificación á Presidencia do concello. Recadar cotas e distribuír información sindical fóra das horas de traballo sen perturba-la actividade normal da prestación do servicio.

-Recibi-la información que lle remita o seu sindicato.

B) As seccións sindicais deberán poñer en coñecemento do concello quén ocupa a súa representación.

C) Os delegados/as sindicais terán acceso á mesma información e documentación que o concello poña á disposición dos delegados de persoal; poderán asistir con voz pero sen voto ás reunións do comité de seguridade e saúde laboral ou dos órganos de representación que puideran establecerse, e ser oídos con carácter previo á adopción das medidas de carácter colectivo que lles afecten ós funcionarios/as en xeral e ós afiliados ó seu sindicato en particular. Teñen, así mesmo, o deber de gardar sixilo profesional nos mesmos casos e supostos cós membros dos órganos de representación.

D) Os delegados de persoal e seccións sindicais disporán no exercicio da súa función representativa das seguintes garantías e dereitos:

a) O acceso e libre circulación polas dependencias e centros de traballo do Concello de Poio, sen entorpecemento do normal funcionamento dos servicios.

b) Libre publicación e distribución de todo tipo de publicacións, de interese profesional ou sindical sen entorpecemento do normal funcionamento dos servicios.

c) Libre expresión das súas opinións nas materias referentes á esfera da súa representación, que efectuará colexiadamente se se trata dos delegados de persoal.

d) Ser oído o órgano de representación nos expedientes disciplinarios a que puideran ser sometidos, durante o tempo do seu mandato e durante o ano inmediatamente posterior, sen prexuízo da audiencia do interesado regulado no procedemento sancionador.

Artigo 46º.-Horas de libre disposición.

Fíxanse 15 horas mensuais de libre disposición sindical para cada un dos membros dos delegados de persoal e delegados/as de seccións sindicais daqueles sindicatos debidamente acreditados ante o Concello de Poio. O uso destas horas deberá comunicarse por escrito dirixido ó alcalde a través do servicio de persoal, sexa con carácter previo para as que estéan previstas de antemán ou sexa con posterioridade á súa utilización para as demais. Tales horas disporanse dentro da xornada de traballo e serán retribuídas como traballo efectivo.

Non terán a consideración de horas sindicais aquelas que se invirtan en reunións da mesa de negociación ou de carácter informativo que sexan preceptivas legalmente, comisión paritaria mixta, asistencia a tribunais de selección do persoal e asistencia a órganos de xestión en centros asistenciais.

Por cada organización sindical ou candidatura con representación nos delegados de persoal poderanse acumula-las horas nos seus distintos compoñentes ata o máximo total establecido, sempre e cando previamente se dea conta á Alcaldía cunha antelación mínima de cinco (5) días, especificando as persoas e o período para o que se acumulan.

Igualmente, comunicaráselle á Alcaldía o cesamento por calquera motivo nas citadas funcións.

Cada sección sindical poderá designar dous (2) delegados/as sindicais mentres se manteña o número do vixente cadro de persoal.

Artigo 47º.-Garantías persoais.

De conformidade co sinalado na Lei 9/1987, Lei 11/1985 e neste acordo regulador, os delegados de persoal non poderán ser sancionados nin despedidos durante o exercicio das súas funcións nin no ano seguinte ó seu cesamento, como consecuencia da súa actividade sindical, salvo que incorran en causa de responsabilidade administrativa ou laboral; neste suposto deberá oírse, previamente á incoación do expediente, os delegados de persoal.

Os delegados de persoal tampouco poderán ser trasladados de servicio, grupo, centro ou posto de traballo en contra da súa vontade expresa durante o período citado no parágrafo anterior. Se o traslado non se basease na acción do funcionario/a no exercicio da súa representación, deberá darse en todo caso previa audiencia á comisión paritaria e contar coa aprobación dos delegados de persoal ou, de se-lo caso, do comité de empresa.

Os delegados de persoal non poden ser discriminados na súa promoción económica ou profesional en razón, precisamente, do desempeño da súa representación.

Artigo 48º.-Locais.

O Concello de Poio comprométese, dentro das súas posibilidades, a dota-los delegados de persoal, comité de empresa e seccións sindicais legalmente constituídas dun local idóneo para realiza-las súas funcións e a mantelo nas condicións que fagan posible a súa utilización por parte dos ditos órganos e para os fins da súa actividade (acceso ó BOE, DOG, BOP, etc.).

Así mesmo, o Concello de Poio comprométese a facilitar un local onde poidan ter lugar as asembleas xerais ou de centro, na medida en que non existan locais axeitados para iso fóra do horario normal de traballo.

Artigo 49º.-Reunións.

1. A realización de asembleas en cada centro de traballo deberá garati-lo normal funcionamento dos servicios.

Así mesmo, poderán realizarse asembleas de carácter extraordinario sempre que exista acordo entre o alcalde e os órganos de representación dos/as traballadores/as que estean lexitimados.

2. As reunións en cada centro de traballo autorizaranse fóra das horas da xornada laboral, salvo acordo entre a Alcaldía e quen estea lexitimado para convoca-las reunións extraordinarias. Neste último caso só se concederán autorizacións, segundo a Lei 9/1987, ata un máximo de 20 horas anuais, correspondéndolles 5 horas destas ás seccións sindicais e o resto ós órganos de representación dos funcionarios/as e traballadores.

3. Cando as reunións vaian ter lugar dentro da xornada de traballo, a convocatoria deberá referirse á totalidade do colectivo do que se trate, salvo nas reunións das seccións sindicais.

4. Serán requisitos formais necesarios para convocar unha reunión os seguintes:

a) Comunicar por escrito a súa realización cunha antelación, alomenos, de tres (3) días hábiles.

b) Indicar nese mesmo escrito a hora e lugar de realización, a orde do día e mailos datos dos asinantes que acrediten estar lexitimados para convoca-la reunión.

5. Se antes das 24 horas anteriores á data da realización da reunión a Alcaldía non formulase obxeccións, mediante resolución motivada, poderá realizase sen outro requisito posterior.

6. Están lexitimados para convocar unha reunión:

a) As organizacións sindicais directamente ou a través dos delegados sindicais.

b) Os delegados de persoal.

c) Calquera funcionario/a do concello, sempre que o seu número non sexa inferior ó 40% do colectivo convocado e, en todo caso, ó 33% do cadro de funcionarios/as.

d) Calquera asociación de funcionarios/as do concello legalmente constituída.

7. Os convocantes serán responsables do normal desenvolvemento da reunión e, en calquera caso, esta non prexudicará a prestación dos servicios.

Artigo 50º.-Taboleiro de anuncios.

En tódolos centros de traballo terán que existir lugares adecuados para a exposición, con carácter exclusivo, de tódolos avisos e comunicacións de carácter sindical.

O número e distribución dos taboleiros será o axeitado en canto ó tamaño e á estructura do centro, de maneira que se garanta a publicidade máis ampla dos anuncios que se expoñan. En todo caso, as unidades administrativas con localización independente, calquera que sexa o seu rango, deberán dispoñer de, polo menos, un taboleiro de anuncios.

Artigo 51º.-Cota sindical.

De conformidade co establecido no artigo 11 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, por requirimento de calquera sindicato e logo de conformidade dos funcionarios/as afectados, o concello descontaralles na súa nómina mensual a cota sindical que proceda e realizará a transferencia a favor do sindicato, xunto coa relación nominal correspondente.

Para facer efectivo este desconto deberá remitírselle á Alcaldía un escrito no que conste expresamente a conformidade del sobre a orde de desconto, o sindicato ó que proceda face-la transferencia e o número da conta corrente á que debe facerse efectiva, así como a contía da cota.

Capítulo II

Negociación colectiva

Artigo 52º.-Mesa xeral de negociación.

Segundo o disposto no artigo 32 da Lei 9/1987, do 12 de xuño, de órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ó servicio da Administración pública, a comisión negociadora constituirase non só para a negociación ou revisión do acordo regulador, senón tamén para a participación e determinación das condicións de traballo do persoal funcionario/a deste concello.

Por acordo das partes, esta comisión constituirase en órgano colexiado de participación das organizacións sindicais, nas materias relacionadas co sistema retributivo e o réxime do persoal ó seu servicio. As ditas materias son as seguintes:

a) O incremento de retribucións dos funcionarios/as e do persoal estatutario das administracións públicas que proceda incluír no proxecto de orzamentos xerais do Estado de cada ano, así como o incremento das demais retribucións que se han establecer para o seu respectivo persoal, nos proxectos normativos correspondentes de ámbito autonómico e local.

b) A determinación e aplicación das retribucións dos funcionarios/as públicos.

c) A preparación e o deseño dos plans de oferta de emprego público.

d) A clasificación de postos de traballo.

e) A determinación dos programas e dos fondos para a acción de promoción interna, formación e perfeccionamento.

f) A determinación das prestacións e pensións das clases pasivas e, en xeral, todas aquelas materias que afecten, dalgún modo, á mellora das condicións de vida dos funcionarios xubilados.

g) Os sistemas de ingreso, provisión e promoción profesional dos funcionarios/as públicos.

h) As propostas sobre dereitos sindicais e de participación.

i) Medidas sobre saúde laboral.

j) Todas aquelas materias que afecten, dalgún modo, ó acceso á función pública, carreira administrativa, retribucións e Seguridade Social, ou as condicións de traballo dos funcionarios públicos das que a regulación esixa norma con rango de lei.

k) As materias de índole económica, de prestación de servicios, sindical, asistencial e, en xeral, cantas outras afecten ás condicións de traballo e ó ámbito de relacións dos funcionarios/as públicos e as súas organizacións sindicais coa Administración.

A comisión negociadora reunirase unha vez ó ano en cumprimento do disposto no artigo 31.3º da Lei 7/1990 e, en todo caso, para os efectos de negocia-los

aspectos sinalados no seu artigo 32 para a negociación anual da aplicación das retribucións, valoración de postos de traballo para efectos retributivos e da preparación do plan de oferta de emprego público.

TÍTULO V

Capítulo I

Formación e capacitación profesional

Artigo 53º.-Formación continua.

De conformidade co III Acordo de Formación Continua nas Administracións Públicas do 11 de xaneiro de 2001, o Concello de Poio dentro das súas dispoñibilidades orzamentarias e con cargo ás axudas ou subvencións que concedan anualmente o INAP, a FEMP, FEGAMP, EGAP, ou outros organismos oficiais, desenvolverá o plan de formación continua en congruencia cos obxectivos e a prioridade da organización, garantindo a participación dos sindicatos na programación das accións formativas e na xestión e execución do plan.

A capacitación profesional constitúe un factor básico para incrementa-la productividade dos funcionarios/as, ademais da súa motivación e integración, polo que deben establecerse os plans específicos para desenvolvela en cada un dos servicios.

Para os efectos e dentro das posibilidades orzamentarias do concello, facilitarase a asistencia a cursos de capacitación profesional convocados por outras institucións ou organismos oficiais con competencia para a súa impartición.

Artigo 54º.-Comisión paritaria de formación.

Para a programación e execución do plan de formación crearase unha comisión paritaria de formación.

Estará integrada paritariamente por representantes do concello e dos sindicatos representados no concello.

A comisión estará presidida polo alcalde ou concelleiro en quen delegue.

Exercerá as funcións de secretario, con voz e sen voto, un funcionario/a da área de persoal designado pola Presidencia.

A este órgano corresponderanlle as seguintes funcións:

a) Participación, programación e seguimento do plan de formación.

b) Propoñe-los cursos de capacitación profesional que considere precisos en cada servicio.

c) Velar por que se respecte o principio de igualdade de oportunidades no acceso ós cursos de formación.

Se os cursos de formación teñen lugar dentro da xornada laboral poderanse considerar como tempo de traballo efectivo.

TÍTULO VI

Capítulo I

Prevención e riscos laborais

Artigo 55º.-Principios xerais.

O persoal incluído no ámbito de aplicación deste acordo regulador ten dereito a unha protección eficaz da súa integridade física e a unha axeitada política de saúde laboral, tal e como se recolle na Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais. Así mesmo, terá dereito a participar na formulación da política de prevención no seu centro de traballo a través dos delegados de prevención.

De conformidade co establecido no artigo 38 da Lei 31/1995 e o artigo 5 do Real decreto 1488/1998, do 10 de xullo, de adaptación da lexislación de prevención de riscos laborais á Administración xeral do Estado, crearase un comité de seguridade e saúde laboral como órgano paritario e colexiado de participación destinado á consulta regular e periódica das actuacións do concello en materia de prevención de riscos.

Igualmente, en virtude do disposto nos artigos 14 e 31 da Lei 31/1995 e artigo 6 do Real decreto 1488/1998, do 10 de xullo, crearase un servicio de prevención para realiza-las actividades preventivas que sexan necesarias co fin de garantir unha axeitada protección da seguridade e saúde dos funcionarios/as, asesorando e asistindo para iso o empresario, os funcionarios/as, e os seus representantes.

O concello garantirálle-la a formación e información necesaria en materia preventiva ós funcionarios/as en activo e ós de novo ingreso, na aplicación de novas técnicas, equipos de traballo, maquinaria, etc. organizando, para os efectos e dentro das súas posibilidades, cursos de formación.

O concello adoptará as medidas pertinentes para que tódolos funcionarios/as teñan un recoñecemento médico anual.

A política de seguridade e saúde laboral planificarana anualmente tódolos servicios ou centros dependentes do concello nos que se realizará a valoración de riscos, co fin de poñer en práctica as medidas preventivas e/ou correctoras que se han adoptar.

A normativa sobre saúde laboral será de aplicación a tódolos funcionarios/as que presten servicios en calquera dos centros dependentes deste concello.

No que respecta ás obras que execute o concello, estas axustaranse ó disposto no Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construcción ou normas que o substitúan.

Así mesmo, esta norma será de aplicación naquelas empresas que realicen obras para o concello, esixíndose no contrato un estudio de seguridade e saúde da obra.

Artigo 56º.-Dereito á protección fronte ós riscos laborais.

Os funcionarios/as terán dereito a unha protección eficaz en materia de seguridade e saúde no traballo.

Este dereito supón a existencia dun correlativo deber do empresario de protección ós traballadores/as fronte ós riscos laborais.

Este deber de protección constitúe igualmente un deber das administracións públicas respecto ó persoal ó seu servicio.

Os dereitos de información, consulta e participación, formación en materia preventiva, paralización da actividade no caso de risco grave e inminente e vixilancia do seu estado de saúde, nos termos previstos na Lei 31/1995, forman parte do dereito dos funcionarios/as a unha protección eficaz en materia de seguridade e saúde no traballo.

No cumprimento do deber de protección, o concello deberá garanti-la seguridade e a saúde dos funcionarios/as ó seu servicio en tódolos aspectos relacionados co traballo. Para estes efectos, no marco das súas responsabilidades, o concello realizará a prevención de riscos laborais mediante a adopción de cantas medidas sexan necesarias para a protección da seguridade e a saúde dos funcionarios/as, coas especialidades que se recollen nos artigos 15 a 28 da Lei 31/1995, ambos incluídos, en materia de avaliación de riscos, información, consulta e participación e formación do persoal, actuación en casos de emerxencia e de risco grave e inminente, vixilancia da saúde, e mediante a constitución dunha organización e dos medios necesarios nas condicións establecidas no capítulo IV desta mesma lei.

O concello desenvolverá unha acción permanente co fin de perfecciona-los niveis de protección existentes e disporá o necesario para a adaptación das medidas de prevención sinaladas no parágrafo anterior ás modificacións que poidan experimenta-las circunstancias que incidan na realización do traballo.

Así mesmo, deberá cumpri-las obrigas establecidas na normativa sobre prevención de riscos laborais.

As obrigas dos funcionarios/as, establecidas na Lei 31/1995, a atribución de funcións en materia de protección e prevención ós funcionarios/as ou ós servicios de empresa e o recurso ó concerto con entidades especializadas para o desenvolvemento de actividades de prevención, complementarán as actuacións do alcalde, sen que por iso o eximan do cumprimento do seu deber nesta materia, sen prexuízo das accións que se poida exercer, de se-lo caso, contra calquera persoa.

O custo das medidas relativas á seguridade e á saúde no traballo non deberá recaer en modo ningún sobre os funcionarios/as.

Artigo 57º.-Servicio de prevención.

De conformidade co previsto no artigo 31 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais e concordantes do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, o concello establecerá a organización e o sistema de funcionamento do servicio de prevención con base nos criterios que fixe a comisión paritaria mixta.

Artigo 58º.-Delegados de prevención.

Os delegados/as de prevención son os representantes dos funcionarios/as con funcións específicas en materia de prevención de riscos no traballo.

Serán designados por e de entre os/as representantes do persoal no ámbito dos órganos de representación previstos nas normas ás que ser refire o artigo 34 da Lei 31/1995 e consonte a escala sinalada no artigo 35 deste mesmo texto legal.

O tempo utilizado polos delegados/as de prevención para desempeña-las súas funcións será considerado como de exercicio de funcións de representación para os efectos da utilización do crédito horario. Non obstante, considérase como tempo de traballo efectivo, sen imputación ó crédito horario, o empregado polo delegado/a de prevención para asistir ás reunións do comité de seguridade e saúde, así como a calquera outra convocada polo concello en materia de prevención de riscos e o tempo destinado ás visitas dos inspectores de Traballo.

Artigo 59º.-Competencias dos delegados de prevención.

Son competencias dos delegados/as de prevención:

Exercer un labor de vixilancia e control sobre o cumprimento da normativa de prevención de riscos laborais.

Colaborar coa dirección da empresa na mellora da acción preventiva.

Promover e fomenta-la cooperación dos funcionarios/as na execución da normativa sobre a prevención de riscos laborais.

Ser consultados polo concello, con carácter previo á súa execución, acerca das decisións adoptadas que poidan incidir nas condicións de traballo, especialmente no caso das relativas á introducción de novas tecnoloxías.

Artigo 60º.-Facultades dos delegados de prevención.

No exercicio das competencias e funcións atribuídas ós delegados/as de prevención, estes estarán facultados para:

Acompaña-los técnicos nas avaliacións de carácter preventivo no medio de traballo.

Ter acceso, coa excepción da información persoal de carácter médico confidencial, ós documentos e informes relativos ás condicións de traballo que serán de relevancia para o exercicio das súas funcións.

Elaborar un informe de actividades, no que se detallará a súa actuación no centro de traballo e as anomalías atopadas en materia preventiva, así como medidas de prevención que se propoñen, todo iso sen prexuízo dos informes que se emiten nos supostos de danos para a saúde dos funcionarios/as.

Recibir información do concello dos danos para a saúde dos funcionarios/as e traballadores/as unha

vez que se teña coñecemento da súa producción, podendo presentarse, aínda fóra da xornada laboral, no lugar dos feitos para coñece-las súas circunstancias.

Propoñe-la adopción de medidas preventivas, incluíndo a realización de avaliacións das condicións do medio de traballo, así como as medidas dirixidas a mellora-los niveis de protección da saúde dos funcionarios/as.

Propoñer no comité de seguridade e saúde o debate, no seu propio seo, da adopción de medidas preventivas.

Propoñerlle á Corporación municipal para que esta, a través do alcalde, acorde a paralización das actividades de existiren riscos inminentes para a saúde dos funcionarios/as ou traballadores/as. No caso de que non se leve a cabo tal paralización, o delegado de prevención poderá acudir á autoridade laboral para que no prazo máximo de 24 horas esta anule ou ratifique a procedencia da paralización.

Os informes que deban emiti-los delegados de prevención deberán elaborarse nun prazo de dez días, ou o tempo imprescindible cando se trate de adoptar medidas dirixidas a prever riscos inminentes. Transcorrido o prazo sen ter emitido o informe, o concello poderá poñer en práctica a súa decisión.

A decisión negativa do concello a adopta-las medidas propostas polo delegado/a de prevención deberá ser motivada.

Artigo 61º.-Comité de seguridade e saúde.

Constituirase no Concello de Poio un comité de seguridade e saúde, formado polos delegados/as de prevención, dunha parte, e polo concello e/ou os seus representantes en número igual ó de delegados/as, doutra. Para tal fin orzarase anualmente unha cantidade para atende-las necesidades que deriven da súa posta en marcha e funcionamento.

Os membros do comité que non sexan delegados/as sindicais disporán dos permisos necesarios para a realización do seu cometido e asistencia ás reunións. Non poderán ser trasladados nin sancionados durante o exercicio das súas funcións nin dentro do ano inmediatamente seguinte á expiración do seu mandato, salvo no caso de que este se produza por renovación ou dimisión, e que o traslado ou a sanción se basee na acción do funcionario/a no exercicio de representación.

Así mesmo, non poderán ser discriminados/as na súa promoción económica ou profesional en razón do desempeño da súa representación.

Nas reunións do comité de seguridade e saúde participarán, con voz e sen voto, os delegados/as sindicais e os responsables técnicos da prevención no concello que non estean incluídos na súa composición. Nas mesmas condicións poderán participar nas reunións do comité funcionarios/as desta Administración municipal que conten cunha especial cualificación ou formación respecto de cuestións concretas que se debatan neste órgano, e técnicos/as

en prevención alleos á empresa, sempre que así o solicite algunha das representacións do comité.

Así mesmo, poderán participar con voz pero sen voto os delegados/as de prevención de empresas privadas que teñan concertados servicios co concello.

O comité de seguridade e saúde reunirase trimestralmente e sempre que o solicite calquera das partes, logo de xustificación que así o acredite. O comité adoptará as súas propias normas de funcionamento.

O comité de seguridade e saúde terá as seguintes competencias:

Participar na elaboración e avaliación dos plans e programas de prevención de riscos no concello. Para tal efecto, no seu seo debateranse, antes da súa posta en práctica no referente á súa incidencia na prevención de riscos, os novos métodos de traballo, a apertura de novos locais e as modificacións nos locais e equipos de traballo, na medida que esta poida repercutir na saúde e a seguridade dos funcionarios/as.

Promover iniciativas sobre métodos e procedementos para a efectiva prevención dos riscos, informando a Corporación das deficiencias existentes co fin de que se proceda á súa corrección.

No exercicio das súas competencias, o comité de seguridade e saúde estará facultado para:

Coñecer directamente a situación relativa á prevención de riscos no centro de traballo, realizando para tal efecto as visitas que estime oportunas.

Coñecer cantos documentos e informes consten na Administración municipal relativos ás condicións de traballo, incluídos os relativos ó almacenamento e á eliminación de residuos perigosos, que sexan de relevancia para o cumprimento das súas funcións.

Coñecer e analiza-los danos para a saúde dos funcionarios/as e traballadores/as co obxecto de valora-las súas causas e propoñe-las medidas preventivas oportunas.

Segui-lo desenvolvemento das inspeccións e investigacións que para estes efectos leven a cabo os órganos administrativos competentes, salvo que a súa interpretación poida prexudica-la eficacia da súa actuación.

Capítulo II

Equipos de protección individual

Artigo 62º.-Equipos de protección individual (EPIS)

Á marxe da roupa de traballo facilitada ós funcionarios/as que ocupen un posto que non entrañe riscos, o concello estará obrigado a facilitar equipos de protección individual para protexe-lo traballador de situacións inseguras durante a realización do seu traballo.

Trala avaliación dos riscos do posto de traballo, o servicio de prevención elixirá o EPI que considera máis axeitado para cada tipo de risco.

Tódolos EPIS adquiridos polo concello deberán leva-la etiqueta CE de conformidade co fabricante, podendo o funcionario/a negarse a recolle-lo equipo de protección se non cumpre este requisito.

Os EPIS revisaranse periodicamente por parte do servicio de prevención substituirá os que non cumpran os requisitos de revisión.

Ós funcionarios/as que non utilicen EPIS para desempeña-las súas funcións facilitaráselles roupa de traballo e calzado profesional homologado, cando as condicións e a natureza do traballo o requiran. Como mínimo, todo o persoal terá dereito a dúas pezas de roupa de traballo por temporada (ano), que lles serán entregadas nos catro primeiros meses do ano.

TÍTULO VII

Capítulo I

Asistencia sanitaria

Artigo 63º.-Asistencia sanitaria.

1. A prestación de asistencia sanitaria a tódolos funcionarios/as do concello outorgarase segundo os termos e as condicións establecidas na lexislación vixente.

Capítulo II

Beneficios sociais

Artigo 64º.-Melloras sociais.

Só poderán desfrutar das melloras sociais reguladas neste capítulo os funcionarios/as de carreira dependentes do Concello de Poio, quedando excluídos os funcionarios/as interinos/as así como todos aqueles que se atopen expresamente excluídos do ámbito de aplicación deste acordo regulador.

Artigo 65º.-Fondo económico para melloras sociais.

Co fin de mellora-lo benestar social do seu persoal, a corporación comprométese a dota-lo fondo social na contía necesaria para asistencia médica, próteses, etc.

Artigo 66º.-Anticipos.

Os anticipos están regulados nas bases de execución no orzamento de cada ano.

Artigo 67º.-Préstamos sen interese.

Poderánselles conceder préstamos sen xuro ata unha contía máxima de 1.000.000 pesetas, ós funcionarios/as de carreira deste concello. Estes préstamos terán por obxecto financia-los seguintes gastos:

Gastos destinados á compra de vivenda que constitúa residencia única e habitual do peticionario no Concello de Poio.

Para tal fin consignarase anualmente unha partida orzamentaria dotada con 1.000.000 pesetas.

Estes préstamos serán amortizados con reintegro uniforme, correspondente a dividi-la contía concedida entre 48 mensualidades.

A comisión paritaria arbitrará as normas correspondentes para a concesión destes préstamos, garantindo a equidade daquelas e fixando os requisitos e xustificacións documentais necesarios, correspondendo a resolución definitiva á alcaldía.

Non se concederán máis préstamos se o interesado/a non ten amortizado outros que lle teñan sido concedidos, ou outro tipo de anticipo ou préstamo, salvo causa de especial transcendencia apreciada pola comisión paritaria.

Serán incompatibles a percepción simultánea de anticipo e préstamo, salvo caso extraordinario e xustificado que apreciará libremente a alcaldía.

Artigo 68º.-Gastos de sepelio.

O concello subvencionará os gastos de sepelio dos funcionarios/as de carreira en activo coa cantidade de 50.000 pesetas.

Artigo 69º.-Asesoramento e defensa xurídica.

O concello prestaralles asesoramento e defensa xurídica ós funcionarios/as e nas circunstancias que así o esixan, como consecuencia do desenvolvemento da súa función, sempre que o feito que motive a asistencia fose debido a actuacións do funcionario/a ou traballador/a no exercicio do seu cargo.

Artigo 70º.-Seguros.

1. O concello subscribirá unha póliza de seguros que garanta a cobertura suficiente das responsabilidades civís que puidesen derivarse da prestación de servicios polos empregados do concello.

2. O concello concertará unha póliza de seguro colectivo de accidentes ou enfermidades profesionais para todo o persoal, que cubra os riscos de morte e incapacidade permanente.

TÍTULO VIII

Capítulo I

Réxime disciplinario do funcionario/a

Artigo 71º.-Réxime disciplinario do persoal funcionario.

Os funcionarios/as do Concello de Poio poderán ser sancionados, pola comisión de faltas tipificadas e a través do procedemento establecido no Real decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril, Real decreto 33/1986, do 10 de xaneiro, que aproba o Regulamento de réxime disciplinario dos funcionarios/as da Administración do Estado e Decreto 94/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de réxime disciplinario dos funcionarios/as da administración da Comunidade Autónoma de Galicia, así como polo Regulamento da policía local para os funcionarios/as encadrados no dito corpo.

O concello deberalle comunicar ó órgano representativo dos funcionarios/as a incoación de calquera expediente disciplinario ós que se refire o artigo 58 deste acordo regulador dentro dos prazos establecidos.

Disposicións finais

Primeira.-As partes asinantes deste acordo regulador comprométense a elaborar, unha vez entre en vigor este acordo regulador, os regulamentos das distintas seccións que o requiran e as guías de funcións.

Segunda.-Durante a vixencia deste acordo regulador, o concello comprométese a iniciar os procesos de consolidación do persoal funcionario interino cunha antigüidade superior a 3 anos, que se relaciona no anexo III.

Disposicións adicionais

Primeira.-Solución extraxudicial dos conflictos.

Sen prexuízo das atribucións dos órganos de goberno do concello, os representantes sindicais terán o deber de intenta-la resolución extraxudicial dos seguintes conflictos:

a) Conflictos sobre intereses comúns dun grupo xenérico de funcionarios/as e que versen sobre aplicación e interpretación dunha norma estatal, dun acordo ou pacto.

b) Conflictos xurdidos durante a negociación de acordos e pactos debidos a discrepancias substanciais adecuadamente constatadas, que motiven o bloqueo da negociación correspondente por un período de cando menos seis meses, que contará desde o inicio desta.

c) Conflictos que dean lugar á convocatoria dunha folga ou que se susciten sobre a determinación dos servicios esenciais para a comunidade, que deban manterse durante esta situación.

Para resolve-los conflictos establécense os procedementos de mediación e arbitraxe.

O procedemento de mediación será obrigatorio sempre que o demande calquera das partes e no caso de folga.

O mediador será designado de común acordo entre as partes, sen prexuízo de que se a FEMP ou a FEGAMP constitúen unha comisión paritaria de arbitraxe da función pública local, se solicite desta a designación do mediador. No caso de empregados laborais, solicitarase da lista do Consello Galego de Relacións Laborais.

Se se producise acordo, este formalizarase por escrito na oportuna acta; de non ser posible, soamente se consignará a falta de acordo, así como as razóns alegadas por cada unha das partes.

En canto á arbitraxe, é o sistema a través do cal as partes acordan encomendar a un terceiro a resolución do conflicto presentado, comprometéndose por adiantado a acepta-lo seu contido.

A designación dos árbitros efectuaraa a comisión paritaria antes indicada e mentres non se constitúa, o Consello Galego de Relacións Laborais.

En canto á eficacia da proposta de mediación aceptada ou, de se-lo caso, do laudo arbitral dictado,

terán o mesmo valor normativo que os pactos considerados no artigo 35.2º, da Lei 9/1987, do 12 de xuño, polo que obrigarán directamente as partes, logo de ratificación do órgano municipal competente.

Non obstante, cando a mediación ou arbitraxe afecten a temas que deban ser obxecto dun acordo dos previstos no dito artigo 35, por se refiren a materias que sexan competencia do concello-pleno, o acordo de mediación ou laudo correspondente deberá ser aprobado expresa e formalmente, polo dito órgano de goberno para alcanzar validez e eficacia.

De ser rexeitado, a resolución denegatoria deberá ser motivada, de conformidade co establecido no artigo 54 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Segunda.-A todo o persoal incluído no ámbito de aplicación deste acordo aplicaráselle o réxime de incompatibilidades, de conformidade coas normas estatais e autonómicas vixentes na materia.

Terceira.-Tódalas partidas afectadas por este acordo regulador que non teñan determinada unha contía específica, ou un incremento legal que explicitamente lles afecte, serán obxecto de incremento, aplicándoselle-lo índice porcentual sinalado nos orzamentos xerais do Estado.

Sen embargo, no suposto de que se produza unha reducción no cadro de persoal funcionario/a e cadro de postos laborais deste concello, as citadas partidas serán reducidas en forma proporcional á dita reducción.

Cuarta.-Horarios e descanso.

1. En xeral, considérase que os domingos e festivos son días de descanso para o persoal do Concello

de Poio. Naqueles servicios ou dependencias nos que se deba permanecer nos seus postos de traballo algún destes días, nunca o farán dúas semánas seguidas, é dicir, que se traballan un domingo ou festivo dunha semana descansarán o domingo ou festivo da semana seguinte.

2. Policía local, os servicios serán do horario establecido, xornada de oito (8) horas ou a que estableza a Alcaldía no exercicio das súas atribucións.

3. O persoal adscrito ás brigadas e ós servicios especiais prestará os seus servicios segundo os horarios establecidos pola Alcaldía para cada caso.

ANEXO I

Horas extraordinarias

As horas extraordinarias regúlanse anualmente nas bases de execución do orzamento municipal.

ANEXO II

Graos de consanguinidade e afinidade para efectos deste convenio

Primeiro grao: cónxuxe, fillos/as, pais, nais, sogros/as.

Segundo grao: netos/as, avós/as dos cónxuxes, irmáns/ás e cuñados/as.

Terceiro grao: sobriños/as, tíos/as, bisavós/as, bisnetos/as de ámbolos cónxuxes.

Cuarto grao: primos/as.

ANEXO III

CategoríaC.D.2º ano3 anoCambio grupo *C.D. 2005

SecretarioA-30A-30

OperadorC-22C-22

OperadorC-21C-22C-22

OperadorC-20C-21C-22C-22

Aux. técn. especialD-14D-15D-15

Aux. técn. especialD-15D-16D-17D-17

OrdenanzaE-14E-14

LimpadoraE-12E-13E-13

Encargado xeralD-14D-15D-16D-16

Encargado obrasD-14D-15D-15

Oficial conductorD-12D-13D-14D-14

Encargado electricidadeD-14D-15D-15

Oficial conductorD-12D-13D-14D-14

Oficial conductorD-12D-13D-14D-14

Oficial conductorD-12D-13D-14D-14

Oficial conductorD-12D-13D-14D-14

Encargado almacénD-14D-15D-15

Axudante serviciosE-12D-13 *D-14Cambio grupo*D-14

Axudante serviciosE-12D-13 *D-14Cambio grupo*D-14

Axudante serviciosE-12D-13 *D-14Cambio grupo*D-14

Axudante serviciosE-12D-13 *D-14Cambio grupo*D-14

Auxiliar informáticaD-15D-16D-16

Auxiliar informáticaD-15D-16D-16

CategoríaC.D.2º ano3 anoCambio grupo *C.D. 2005

Auxiliar informáticaD-15D-16D-16

Auxiliar informática(vacante)D-15D-16D-16

CaboD-17D-18D-18

GardaD-15D-16D-16

GardaD-15D-16D-16

GardaD-15D-16D-16

GardaD-15D-16D-16

Asistente socialB-24B-24

AdministrativoC-21C-22C-22

Encargado colexiosE-14D-14 *Cambio grupo*D-14

BibliotecariaB-24B-24

Encargado colexiosE-14E-14

Empregada pavillónE-14E-14

LimpadoraE-12E-13E-13

Conserxe (vacante)E-14E-13

EnxeñeiroA-28A-28

AparelladorB-24B-24

OperadorC-21C-22C-22

Encargado fontaneríaD-14D-15D-15

Oficial electricistaD-14D-14

Operario(vacante)E-12E-13E-13

Encargado xardineríaD-14D-15D-15

Oficial conductorD-12D-13D-14D-14

Axudante servicios(vacante)E-12D-13 *D-14Cambio grupo*D-14

Axudante serviciosE-12D-13 *D-14Cambio grupo*D-14

Oficial enterradorE-14D-14 *Cambio grupo*D-14

AdministrativoC-21C-22C-22

AdministrativoC-21C-22C-22

InterventorA-28A-28

Técnico admón. xeralA-24A-25A-25

Consolidación de emprego das prazas interinas na vixencia do convenio. Segundo e terceiro ano, subida para o persoal funcionario. Incremento do tanto por cento correspondente da Lei de orzamentos xerais para cada ano. Crearanse as prazas correspondentes ós cambios de grupo sen que estas supoñan incremento de efectivos. Unha vez cubertas as novas prazas, amortizaranse as prazas vacantes.

Parellas de feito.

Considéranse parellas de feito aquelas persoas que, sen seren cónxuxes, convivan co titular do dereito e o poidan acreditar por calquera medio válido en dereito.

Poio, 12 de maio de 2003.