Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 29 de agosto de 2003 Páx. 11.049

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 2003 pola que se convoca concurso público aberto de tramitación ordinaria, para a contratación, pola Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, dun servicio consistente no desenvolvemento dunha campaña de promoción e divulgación da 2ª edición do Premio Galicia Innovación Júnior. (Ref. 2003-08-760).

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato, suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Administrativa e Económica do PGIDIT da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

c) Referencia 2003-08-760.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: o obxecto deste contrato é a contratación pola Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Xunta de Galicia, dun servicio consistente no desenvolvemento dunha campaña de promoción e divulgación da 2ª edición do Premio Galicia Innovación Júnior por procedemento aberto mediante concurso público.

As características do obxecto deste contrato detállanse no prego de prescricións técnicas.

b) Prazo de execución: o contratista realizará a prestación obxecto do contrato desde a sinatura do contrato ata o 15 de marzo de 2004.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

O orzamento máximo autorizado para esta contratación ascende á cantidade de sesenta e nove mil euros (69.000 euros) dos que sesenta e catro mil euros (64.000 euros) corresponden á anualidade do ano 2003 e cinco mil euros (5.000 euros) corresponden á anualidade do ano 2004.

5. Garantía provisoria.

A garantía provisoria por un importe equivalente ó 2% do orzamento de licitación ascende a 1.380 A, constituída nalgunha das formas que prevé o artigo 35 do TRLCAP.

6. Obtención de documentación e información.

Poderán retirala no rexistro da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento, rúa dos Feáns, nº 7, 15706 Santiago de Compostela, teléfonos 981 54 10 87/54 10 88, en horas de oficina, ou ben a través da páxina web: www.xunta.es/contratación ou www.sxid.org

7. Variantes: non se admiten variantes.

8. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: as empresas licitadoras deberán acredita-la súa solvencia económico-financeira de conformidade co esixido no artigo 16.1º a) e c) do TRLCAP, mediante informe de institucións financeiras e declaración relativa á cifra de negocios global realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios. Se por razóns xustificadas un empresario non pode facilita-las referencias solicitadas, poderá acredita-la súa solvencia económica mediante xus

tificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais.

A solvencia técnica ou profesional acreditarase conforme o artigo 19 b) e e) do TRLCAP, mediante:

-Unha relación dos principais servicios ou traballos realizados durante os últimos tres anos, indicando o seu importe, datas e destinos públicos e privados, e

-Unha declaración do material, instalacións e equipo técnico dos que dispoña o empresario para a realización do contrato.

9. Presentación de ofertas.

Presentaranse, de conformidade co previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, no prazo de 15 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG, no rexistro da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou ben na forma prevista no TRLCAP.

10. Apertura de ofertas.

Realizarase o décimo primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas, ás 12.00 horas, nas dependencias da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

O importe do presente anuncio, que ascende a 809,54 euros será por conta da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2003.

(P.D. Orde 21-1-2003)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Innovación,

Industria e Comercio

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA

E DESENVOLVEMENTO RURAL