Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 29 de agosto de 2003 Páx. 11.048

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, pola que se lle dá publicidade á adxudicación do contrato de consultoría e asistencia para a realización dun estudio sobre a determinación do potencial de desenvolvemento de centros comerciais urbanos en varios concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, 3ª fase. (Expediente 2/2003 DXC).

Para os efectos previstos no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, esta secretaría xeral acordou darlle publicidade á adxudicación do contrato de consultoría e asistencia para a realización dun estudio sobre a determinación do potencial de desenvolvemento de centros comerciais urbanos en varios concellos da

Comunidade Autónoma de Galicia, 3ª fase (expediente 2/2003 DXC).

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

Número de expediente: 2/2003 DXC.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

Descrición do obxecto: realización dun estudio relativo á determinación do potencial de desenvolvemento das principais zonas comerciais existentes nunha serie de concellos galegos para configurarse como centros comerciais urbanos.

Data de publicación do anuncio de licitación no DOG: 5 de maio de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 89.111 euros, IVE incluído.

5. Adxudicación.

Data: 16 de xuño de 2003.

Adxudicatario: Fundación Privada Institut Ildefóns Cerdá.

Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: setenta e sete mil catrocentos oitenta e oito euros (77.488 euros), IVE incluído.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2003.

P.D. (Orde 21-1-2003, DOG nº 17)

Jesús Vázquez San Luís

Secretario xeral da Consellería de Innovación,

Industria e Comercio