Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 29 de agosto de 2003 Páx. 11.050

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 2003, da Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria, pola que se anuncia a resolución do expediente sancionador SAN-PO-15/2003-P, incoado en materia de pensos medicamentosos.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle ó interesado, cos datos persoais e último domicilio coñecido que se sinala a continuación, a indicación da resolución do expediente sancionador SAN-PO-15/2003-P acordada polo director

xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

O interesado poderá examina-la resolución completa no Servicio Técnico Xurídico da Secretaría Xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, situada en San Caetano s/n, CP 15704.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación, de conformidade co disposto no artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro).

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2003.

P.D. (Resolución 12-8-2003)

Gonzalo Fernández Rodríguez

Subdirector xeral de Gandería

ANEXO

Expediente: SAN-PO-15/2003-P.

Denunciado: Rumisex, S.L.

Último enderezo coñecido: avda. Jesús García Naviera, 35-37. 15300 Betanzos (A Coruña).

Cualificación da infracción: infracción en materia de pensos medicamentosos.

Precepto infrinxido: artigo 108.2º b) punto 1 do Real decreto 109/1995, do 27 de xaneiro, sobre medicamentos veterinarios.

Precepto sancionador: artigo 109 da Lei 25/1990, do 20 de decembro, e 110 do Real decreto 109/1995, do 27 de xaneiro.

Cualificación da infracción: grave.

Sanción: 6.911,64 euros.