Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 29 de agosto de 2003 Páx. 11.039

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2003 pola que se nomea profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de mecánica dos medios continuos e teoría de estructuras, do departamento de Tecnoloxía da Construcción, a José Antonio Vázquez Rodríguez (praza 01/207).

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulga-lo concurso que convocou esta uni

versidade por Resolución do 13 de novembro de 2001 (BOE do 27 de novembro), para a provisión da praza número 01/207 de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de mecánica dos medios continuos e teoría de estructuras, do departamento de Tecnoloxía da Construcción desta universidade, a favor de José Antonio Vázquez Rodríguez, e unha vez que o interesado acreditase os requisitos ós que alude o número 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a José Antonio Vázquez Rodríguez profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de mecánica dos medios continuos e teoría de estructuras, do departamento de Tecnoloxía da Construcción desta universidade.

A Coruña, 23 de xullo de 2003.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña