Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 29 de agosto de 2003 Páx. 11.039

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2003 pola que se nomea profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de construccións arquitectónicas, do departamento de Construccións Arquitectónicas, a Santiago López Piñeiro (praza 01/197).

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulga-lo concurso que convocou esta universidade por Resolución do 13 de novembro de 2001 (BOE do 27 de novembro), para a provisión da praza número 01/197 de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de construccións arquitectónicas, do departamento de Construccións Arquitectónicas desta universidade, a favor de Santiago López Piñeiro, e unha vez que o interesado acreditase os requisitos ós que alude o número 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Santiago López Piñeiro profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de construccións arquitectónicas, do departamento de Construccións Arquitectónicas desta universidade.

A Coruña, 23 de xullo de 2003.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña