Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 29 de agosto de 2003 Páx. 11.039

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2003 pola que se aproba a relación definitiva de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para a provisión de 13 prazas de auxiliares de servicios (grupo IV-B), convocadas por Resolución do 23 de xaneiro de 2003 (Diario Oficial de Galicia do 27 de febreiro).

Finalizado o prazo de presentación de reclamacións contra a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para a provisión de 13 prazas de auxiliares de servicios (grupo IV-B), convocadas por Resolución do 23 de xaneiro de 2003 (DOG do 27 de febreiro), este rectorado, en aplicación do previsto na base 4.1. da convocatoria, resolve aproba-la relación definitiva de aspirantes admitidos e excluídos que se fai pública no taboleiro de anuncios do rectorado (rúa Mestranza, s/n) e no Vicerrectorado do Campus de Ferrol (Dr. Vázquez Cabrera, s/n).

De acordo co establecido na base 7.1, convócanse os aspirantes para a realización do primeiro exercicio da oposición, que dará comezo ás 10.00 horas do día 27 de setembro de 2003 na Facultade de Dereito (Campus de Elviña). Os aspirantes deberán acudir provistos do documento nacional de identidade ou documento legal que acredite a súa identidade, lapis número 2 e goma de borrar.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpoñer recurso de reposición ante este rectorado no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

A Coruña, 21 de xullo de 2003.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña