Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 29 de agosto de 2003 Páx. 11.038

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 4 de xullo de 2003 pola que se resolve o concurso de méritos específico entre funcionarios de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas en niveis non universitarios para a atención e desenvolvemento do proxecto do Sistema de Información da Educación Galega (Siega).

Advertida unha omisión no anexo da citada orde, publicada no DOG do 17 de xullo de 2003, procede face-la seguinte corrección:

Na páxina 9.565, no anexo, no que aparece a adxudicación definitiva dos destinos obtidos no concurso de méritos específico, convocado pola Orde do 24 de xaneiro de 2003 (DOG do 10 de febreiro), debe engadirse no citado anexo:

«Mónica García Constenla, DNI: 76816745, praza obtida nº 1».