Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 28 de agosto de 2003 Páx. 11.014

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

Por resolución do presidente do Consello de Administración nº 475/2003, do 11 de agosto, aprobouse o expediente administrativo, por medio de concurso con procedemento aberto, para a contratación de asistencia para a xestión da escola municipal de danza, e a apertura do procedemento de adxudicación, de acordo coas seguintes condicións:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Fundación Municipal de Cultura do Concello de Oleiros.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría-Intervención delegada.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: asistencia para a xestión da escola municipal de danza.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 66.150 euros por curso escolar completo.

5. Garantías.

Provisional: 1.323 euros.

Definitiva: 4% do orzamento do contrato.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Fundación Municipal de Cultura do Concello de Oleiros.

Enderezo: rúa Camilo Díaz Baliño, s/n.

Localidade e código postal: Oleiros, 15173.

Teléfono: 981 61 00 00.

Fax: 981 63 18 25.

Data límite para obter documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

Data límite de presentación: quince días naturais (15) contados a partir do día seguinte ó da publi

cación do último anuncio, xa sexa no BOP ou no DOG, rematando ás 13.00 horas.

Documentación que hai que presentar: a establecida no artigo VIII do prego de cláusulas.

Lugar de presentación: Fundación Municipal de Cultura do Concello de Oleiros, rúa Camilo Díaz Baliño, s/n, 15173 Oleiros. Concello de Oleiros, praza de Galicia 1, 15173 Oleiros.

Prazo durante o cal o licitador ten a obriga de mante-la súa oferta: tres meses contados desde a apertura das proposicións.

8. Apertura de ofertas.

Entidade: Concello de Oleiros.

Enderezo: praza de Galicia, nº 1.

Localidade: Oleiros.

Data: o segundo día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. De coincidir en sábado, efectuarase o luns seguinte.

Hora: 13.00 horas.

9. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario os gastos de inserción de anuncios en diarios oficiais.

Oleiros, 11 de agosto de 2003.

Fernando A. Pico Eiroa

Presidente do Consello de Administración