Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 28 de agosto de 2003 Páx. 11.015

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OROSO

ANUNCIO da aprobación definitiva de modificación puntual do Plan parcial do sector 1 de Porto Avieira.

O Pleno do Concello de Oroso, en sesión extraordinaria do 2 de xullo do ano 2003, acordou, por maioría absoluta, aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan parcial do sector I de Porto Avieira, instada por Jesús Landín García, en nome de Promociones Avieira, S.L., con data do 31 de xaneiro de 2003.

En cumprimento do disposto polo artigo 92.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia e o 70.2º da Lei 7/1985, modificado pola Lei 39/1994, do 30 decembro, publicouse o texto modificado da ordenanza Z.2 do Plan parcial do sector 1 de Porto Avieira no BOP nº 173, do 30 de xullo de 2003.

Contra o acto de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, poderá interporse recurso potestativo de reposición perante o pleno do concello no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Alternativamente, o acto de aprobación definitiva poderá impugnarse directamente en vía xurisdiccional mediante a interposición de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de

Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. No suposto de que se interpoña recurso administrativo de reposición, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ata que non se resolva expresa ou presuntamente o recurso de reposición interposto. En tal caso, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo contarase desde o día seguinte a aquel en que se notifique a resolución expresa do recurso potestativo de reposición ou no que este deba entenderse presuntamente desestimado. No suposto de desestimación presunta do recurso de reposición, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo é de seis meses.

Oroso, 30 de xullo de 2003.

Manuel Mirás Franqueira

Alcalde