Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 28 de agosto de 2003 Páx. 11.014

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-417).

Polo Concello Pleno, en sesión extraordinaria do 20 de maio de 2003, acordouse aprobar definitivamente e a remisión da documentación establecida no artigo 92 da Lei 9/2002 á consellería, do plan parcial relativo ó sector de solo urbanizable Santa María de Canide, en Maianca.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo diante do Xulgado ou Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 8, 9 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa no prazo de dous meses. Previa e potestativamente, poderase interpoñer recurso de reposición, do conformidade co artigo 116 da Lei 30/1992, no prazo dun mes.

Tamén se poderá interpoñe-lo recurso extraordinario de revisión, cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se aproba o réxime

xurídico das administracións públicas e o procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no punto 2 do mesmo artigo 118. Todo isto, sen prexuízo do dereito dos interesados a formularen a solicitude e a instancia á que se refiren os artigos 102.1º e 105.2º da devandita lei.

Oleiros, 31 de xullo de 2003.

Ángel García Seoane

Alcalde-presidente