Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 27 de agosto de 2003 Páx. 10.975

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL

ANUNCIO.

Por resolución da Alcaldía do 13 de agosto de 2003 aprobouse inicialmente o estudio de detalle na zona de Venecia presentado por Manuel González Pouso e Mª Dolores Guillán Vilasó.

O que se fai público ó abeiro do disposto nos artigos 73, 79, 86.2º, 90.2º 32, 90.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística do territorio e protección do medio rural de Galicia, nos artigos 21.1º j), 22.2º c), 22.2º h) e 47.3º i) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, modificada pola Lei 11/1999, do 21 de abril, e nos artigos 64 e 65 do Regulamento do planeamento do 28 de xuño de 1978, co fin de que os interesados poidan, durante o prazo de vinte días hábiles computados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, realiza-las alegacións ou suxestións que consideren oportunas.

A Pobra do Caramiñal, 13 de agosto de 2003.

Ricardo Lago Simil

Alcalde-presidente en funcións