Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 27 de agosto de 2003 Páx. 10.975

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 10-7-2003, aprobou inicialmente o Plan especial de reforma interior da unidade de actuación Centro sur número 5 do PXOU vixente (rúa Garañón, ronda República Arxentina e Costas do Parque), promovido por Construcciones y Promociones J. Díaz Fernández, S.L.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo dun mes, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo deste Concello (Ronda da Muralla, 197), e presentarse as reclamacións ou suxestións que se desexen.

Lugo, 28 de xullo de 2003.

Mª Concepción Burgo López

Alcaldesa accidental