Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 27 de agosto de 2003 Páx. 10.975

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CUNTIS

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Cuntis. Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato: execución das obras do proxecto de saneamento en Piñeiro e Arcos.

3. Forma de adxudicación: concurso, polo procedemento aberto e tramitación urxente.

4. Prazo de execución: 5 meses.

5. Orzamento base de licitación: 103.172,60 euros.

6. Garantía provisional: 2.063,45 euros. Garantía definitiva: 4% do importe da adxudicación.

7. Presentación de ofertas: no rexistro xeral da secretaría do Concello de Cuntis, en horario de 9.00 a 14.00 horas, no prazo de trece días naturais contado a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia, (se o último día coincidise en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil).

8. Modelo de proposicións: a oferta, xunto coa restante documentación esixible no prego de cláusulas administrativas particulares, presentarase conforme o seguinte modelo:

D./Dña..., con DNI nº..., natural de..., provincia de..., maior de idade e con domicilio en..., r/..., teléfono..., actuando en nome (propio ou da empresa a que represente), manifesta que, informado do anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia número..., con data do..., conforme con tódolos requisitos e condicións que se esixen para adxudicar mediante concurso, procedemento aberto e tramitación urxente, o contrato de realización da obra de saneamento en Piñeiro e Arcos e do prego de cláusulas administrativas e proxecto técnico que rexerán este concurso e na representación que posúe, comprométese a asumi-lo cumprimento do citado contrato polo prezo de..., (en letra e número), comprendendo esta oferta o prezo da contrata e o importe do imposto sobre o valor engadido, de acordo co proxecto técnico e co prego de cláusulas administrativas que acepta integramente.

9. Apertura das ofertas: no salón de sesións do Concello de Cuntis, ás 14.00 horas do quinto día seguinte hábil ó do remate de presentación de ofertas, excepto sábados.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

11. Exposición de prego de cláusulas administrativas: durante o prazo de 8 días hábiles seguintes ó da publicación deste anuncio.

Cuntis, 12 de agosto de 2003.

Eduardo Rey Rodríguez

Alcalde