Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 27 de agosto de 2003 Páx. 10.975

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO de contratación do concurso, polo procedemento aberto, para a contratación das obras de acceso ós núcleos de poboación do Mosteiro-A Chan; O Casal-Vacaría Bello en Budiño e A Granxa-Liboeira-Portela de Souto-A Buraca en Atios.

Obxecto: acceso ós núcleos de poboación do Mosteiro-A Chan; O Casal-Vacaría Bello en Budiño e

A Granxa-Liboeira-Portela de Souto-A Buraca en Atios.

Importe: 110.794 euros.

Prazo de execución: 4 meses.

Obtención de documentos e información.

a) Entidade: Concello do Porriño (Pontevedra).

b) Teléfonos: 986 33 13 01; fax 986 33 58 50.

c) Data límite de obtención de documentación e informe: o día anterior á finalización do prazo de presentación das proposicións.

Presentación das ofertas. Prazo: 13 días naturais contados desde o seguinte á data do último anuncio que se publique no BOP, ou ben no Diario Oficial de Galicia.

O Porriño, 7 de agosto de 2003.

Raúl Francés Rodríguez

Alcalde