Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 27 de agosto de 2003 Páx. 10.973

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIRO

ANUNCIO.

Cadro de características do contrato: xestión a través de concesión indirecta do servicio público de cafetería do Centro Polivalente para Usos Mariños e Terrestres de Escarabote.

1. Procedemento de adxudicación: urxente, modalidade concurso aberto.

2. Criterios de adxudicación.

a) Relación calidade/prezo do servicio: ata 5 puntos.

b) Importe do canon anual que lle hai que aboar ó concello: ata 5 puntos.

c) Experiencia e acreditacións de calidade na prestación de servicios análogos ós do obxecto desta concesión: ata 3 puntos.

d) Outras melloras: ata 3 puntos.

3. Lugar de presentación de ofertas: Rexistro Xeral da Corporación, sen prexuízo do disposto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

4. Prazo de presentación de ofertas: 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no BOP ou no DOG.

5. Horario de presentación de ofertas: das 9.00 ás 13.00 horas de luns a sábado, inclusive.

6. Taxas do contrato: non se establecen.

7. Outros datos: tlf.: 981 84 48 00, fax: 981 84 40 08. Enderezo: Casa do Concello de Boiro. Praza de Galicia, s/n. 15930.

Boiro, 13 de agosto de 2003.

Xosé Deira Triñanes

Alcalde presidente