Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 27 de agosto de 2003 Páx. 10.972

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 2003 pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e mediante tramitación ordinaria, para a adxudicación dos contratos que se citan.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Nº de expediente: 406/2003, 313/2003 e 315CC/2003, respectivamente.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición dos obxectos:

Expediente 406/2003: obra da Facultade de Ciencias da Educación no Campus de Pontevedra-1ª fase.

Expediente 313/2003: codirección facultativa de arquitecto/aparellador e coordinación de seguridade e saúde da Facultade de Ciencias da Educación no Campus de Pontevedra.

Expediente 315CC/2003: control de calidade da Facultade de Ciencias da Educación no Campus de Pontevedra.

b) División por lotes e número: no expediente 313/2003, lote 1 (codirección arquitecto), lote 2 (codirección aparellador) e lote 3 (coordinación de seguridade e saúde).

c) Lugar de execución: Campus de Pontevedra.

d) Prazos de execución: os indicados respectivamente nos números 7 e 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

-Para o expediente 406/2003 (Facultade de Ciencias da Educación no Campus de Pontevedra): 3.606.072,62 euros.

-Para o expediente 313/2003 (codirección facultativa; arquitecto, aparellador e coordinación de seguridade e saúde): lote 1 (codirección arquitecto): 24.924,33 euros; lote 2 (codirección aparellador): 24.545,54 euros e lote 3 (coordinación de seguridade e saúde): 15.969,75 euros.

-Para o expediente 315CC/2003 (control de calidade da Facultade de Ciencias da Educación no Campus de Pontevedra): 37.236 euros.

5. Garantías: as indicadas no prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación.

b) Enderezo: rúa Areal, 46-anexo-3º andar.

c) Localidade e código postal: Vigo 36201.

d) Teléfono: 986 81 35 56.

e) Telefax: 986 81 38 57. http://www.uvigo.es/servicios/contratacion/.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos dos contratistas.

a) Clasificación: para o expediente 406/2003 (grupo C, subgrupo 2 e categoría E).

b) Solvencia económico-financeira e técnico-profesional: segundo o indicado nos pregos para os expedientes 313/2003 e 315CC/2003.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o vixesimosexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación necesaria: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo.

2º Enderezo: rúa Areal, 46, edificio anexo, planta baixa.

3º Localidade e código postal: Vigo 36201.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Non se admiten variantes.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: rúa Areal, 46-1º andar.

c) Localidade: Vigo.

d) Data: o primeiro día hábil seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 13.00 horas.

10. Gastos de anuncios: serán a cargo dos adxudicatarios a rateo.

11. Páxina web onde poden obte-lo prego e demais informacións dos expedientes.

http://www.uvigo.es/servicios/contratación/.

Vigo, 19 de agosto de 2003.

P.D. (Resolución 15-5-2003)

Augusto Viso Alonso

Xerente da Universidade de Vigo