Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 27 de agosto de 2003 Páx. 10.971

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2003, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncia contratación, mediante procedemento aberto, concurso público e tramitación urxente. (C.P. 24/2003).

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 6 da orde da Consellería de Sanidade do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), convoca o seguinte concurso público:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Complexo Hospitalario Universitario Xeral-Cíes de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación Administrativa.

c) Número do expediente: C.P. 24/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: arrendamento e mantemento de inmobilizado material e elementos mobles modulares para o arquivo de historias clínicas do CHU Xeral-Cíes de Vigo.

b) Lugar de entrega: ver pregos.

c) Prazo de entrega: ver pregos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importes totais: oitocentos sesenta e un mil seiscentos euros (861.600 A).

5. Garantía provisional.

Equivalente ó 2% do importe de licitación: 17.232 A.

Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Complexo Hospitalario Universitario Xeral-Cíes de Vigo.

b) Domicilio: Pizarro, 22.

c) Localidade e código postal: 36204 Vigo.

d) Teléfono: 986 81 59 37. E-mail: contrataciones.xeralcies*sergas.es

e) Telefax: 986 81 60 29.

f) Data límite de obtención de documentos e información: 18 de setembro de 2003.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica, financeira e solvencia técnica. Sistema de acreditación:

Xeral (acreditación libre por un ou varios medios referidos nos artigos 16 e 18 TRLCAP contidos no anexo II do prego).

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 25 de setembro de 2003.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Universitario Xeral-Cíes.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses contados desde a data de apertura das ofertas.

e) Admisión de variantes: si, unha referida a modificacións no prezo como producto da variación na calidade ou modalidade da subministración.

9. Apertura das ofertas: 6 de outubro de 2003.

8.30 horas, sala de xuntas do CHU Xeral-Cíes.

10. Gastos de anuncios: por conta dos adxudicatarios, o importe máximo estimado é de 3.500 A.

11. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial de las Comunidades Europeas.

4 de agosto de 2003.

12. Páxina web onde obter información relativa á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: www.sergas.es.

Vigo, 29 de xullo de 2003.

Manuel Sánchez Delgado

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Cíes de Vigo