Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 27 de agosto de 2003 Páx. 10.970

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2003, da Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, pola que se anuncia, por tramitación ordinaria, concurso público para a contratación do expediente. (Expediente 51/2003).

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 14 de marzo de 2002, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 66, do 5 de abril de 2002), convoca o seguinte concurso público:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde. Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministracións (Unidade de Contratación).

c) Número de expediente: C.P. 51/2003. Subministracións sucesivas e arrendamento.

2. Obxecto da contratación.

a) Descrición do obxecto: C.P. 51/2003. Reactivos e arrendamento dun sistema automatizado para a preparación de mostras e determinación cualitativa e/ou cuantitativa de ácidos nucleicos por PCR.

b) Número de unidades que se van entregar: punto 8.2 da folla de especificacións do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.

c) División por lotes e número: punto 8.2 da folla de especificacións do prego-tipo de clásulas administrativas particulares.

d) Lugar de entrega: almacén xeral-Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol.

e) Plazo de entrega: punto 7.2 da folla de especificacións do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e modalidade de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Modalidade: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

410.953,52 A.

5. Garantía provisional.

2% do orzamento de licitación ou de cada lote ó que se concorre. (Ve-la folla de especificacións do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol.

b) Domicilio: estrada de San Pedro, s/n.

c) Localidade e código postal: Ferrol 15405.

d) Teléfono: 981 33 45 14.

e) Fax: 981 33 40 15.

f) Data límite de obtención de documentos e información: 15 de setembro de 2003.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional:

As solvencias económica, financeira e técnica acreditaranse por algún de entre os documentos sinalados no anexo II do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 22 de setembro de 2003.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no punto 5 do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol.

2. Domicilio: estrada de San Pedro, s/n.

3. Localidade e código postal: Ferrol 15405.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a data de apertura de proposicións.

e) Admisión de variantes: admitirase a presentación de dúas variantes.

9. Apertura das proposicións.

a) Entidade: sala de xuntas do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol.

b) Domicilio: estrada de San Pedro, s/n.

c) Localidade e código postal: Ferrol 15405.

d) Data: décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de pre

sentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte. 3 de outubro de 2003.

e) Hora: a partir das 10.00 horas.

10. Outras informacións.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 80.4º do Regulamento xeral de contratación das administracións públicas. Sen a concorrencia de ámbolos dous requisitos, non será admitida a proposición se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade á data de terminación do prazo sinalado neste anuncio. Transcorridos, con todo, dez días naturais seguintes á indicada data sen ter recibido a mencionada proposición, esta non será admitida en ningún caso.

Os criterios que se seguirán para a adxudicación do contrato son os que se establecen no apartado 11 da folla de especificacións do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios.

O importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario ou adxudicatarios.

-C.P. 51/2003. 2.700,00 A.

12. Data de envío deste anuncio ó Diario Oficial da Comunidade Europea, do 31 de xullo de 2003.

13. Se é o caso portal informativo ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou donde poden obterse os pregos: www.sergas.es.

Ferrol, 23 de xullo de 2003.

Ricardo López Boullón

Director xerente, en funcións, do Complexo

Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa

Santos de Ferrol