Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 27 de agosto de 2003 Páx. 10.970

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 22 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de inicio do expediente sancionador 27066/2003 en mateira de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á sociedade relacionada a continuación (que non puido ser notificada no último enderezo coñecido que así mesmo se indica), a iniciación de expediente sancionador 27066/2003, por infracción en materia de defensa do consumidor.

O que se lle comunica á sociedade interesada para que no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta notificación, efectúe as actuacións preliminares, a achega de cantas alegacións, documentos ou informacións coide convenientes e, se é o caso, a proposición e práctica de probas, advertindo a sociedade interesada de que lle queda posto de manifesto o expediente e que, de non efectuar alegacións ó contido deste acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.

Expediente: 27066/2003.

Inculpado: Diego Fernández Fernández (electrodomésticos).

Enderezo: r/ Arcadio Pardiñas, nº 46, entreplanta C de Burela (Lugo).

Motivo: irregularidades compra máquina limpeza.

Data de inicio: 20-5-2003.

Lugo, 22 de xullo de 2003.

Jesús Bendaña Súarez

Delegado provincial de Lugo