Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 27 de agosto de 2003 Páx. 10.974

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CALVOS DE RANDÍN

ANUNCIO de licitación.

Por acordo da Comisión de Goberno do Concello de Calvos de Randín, do 6 de agosto de 2003, actuando por delegación do pleno do 1 de agosto de 2003, anúnciase concurso, mediante procedemento aberto e tramitación urxente, para contrata-las obras de rehabilitación de edificación existente para centro cultural, xuvenil e social.

Así mesmo, no devandito acordo, aprobouse o prego de cláusulas administrativas particulares, que rexerá a contratación, o que se expón ó público, polo espacio de 8 días, que contará a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP, para os efectos de presentación de reclamacións. A licitación adiarase, no caso de se formularen reclamacións contra o prego.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Calvos de Randín.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: rehabilitación de edificación existente para centro cultural, xuvenil e social.

b) Lugar de execución: Calvos de Randín.

c) Prazo de execución: 6 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 111.163,12 euros, IVE incluído.

5. Garantías.

a) Provisional: 2% do importe de adxudicación.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de información e documentación.

a) Entidade: Concello de Calvos de Randín.

b) Domicilio: estrada Ponte Liñares-Fronteira, s/n.

c) Localidade: Calvos de Randín, CP 32644.

d) Teléfono: 988 43 40 00.

e) Fax: 988 43 41 10.

f) Data límite de obtención de información e documentación: o décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de proposicións.

a) Data límite: 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación necesaria: a sinalada na cláusula 15ª do prego.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Calvos de Randín, das 9.00 ás 14.00 horas.

9. Apertura das ofertas.

No salón de plenos da Casa do Concello de Calvos de Randín, ás 12.00 horas do día seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións.

10. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario.

Calvos de Randín, 12 de agosto de 2003.

Antonio Rodríguez Alonso

Alcalde-presidente