Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 27 de agosto de 2003 Páx. 10.966

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o outorgamento do permiso de investigación denominado Ventín, número 2910.

A Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Pontevedra, fai saber que por Resolución do 12 de xuño de 2003, se outorgou a Gravas e Áridos do Louro, S.L., o permiso de investigación denominado Ventín nº 2910, de dúas cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa no termo municipal de Fornelos de Montes, da provincia de Pontevedra, sendo as súas coordenadas xeográficas as seguintes:

VérticesLonxitudeLatitude

18º 26' 00''42º 19' 00''

28º 25' 20''42º 19' 00''

38º 25' 20''42º 18' 40''

48º 26' 00''42º 18' 40''

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 22 de xullo de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA

E DESENVOLVEMENTO RURAL