Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 27 de agosto de 2003 Páx. 10.966

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia a aprobación do acordo da zona de concentración parcelaria de Leira, Ordes (A Coruña).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Leira, Ordes (A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 525/1990, do 29 de novembro (DOG nº 248, do 19 de decembro) o seguinte:

Primeiro.-Con data do 26 de xuño de 2003, o director xeral de Infraestructuras Agrarias aprobou o acor

do de concentración parcelaria da zona de Leira, Ordes (A Coruña), que estará exposto ó público no Concello de Ordes e na zona, de conformidade co que determina a Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro.

Segundo.-Os documentos que se poden examinar no citado concello refírense ós predios de substitución onde constan as situacións xurídicas derivadas das parcelas de procedencia, as fichas de atribucións, os planos e outros.

Terceiro.-Contra o devandito acordo os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, dentro do prazo de trinta días, contado desde a notificación persoal ou publicación substitutiva, na delegación provincial desta consellería (edificio administrativo de Monelos, praza Luís Seoane, s/n, 6º andar, A Coruña), nas oficinas centrais da consellería (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 16 de xullo de 2003.

Jesús Collar Urquijo

Delegado provincial da Coruña