Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 27 de agosto de 2003 Páx. 10.958

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO NOVE DA CORUÑA

EDICTO (600/2002-S).

Carmen Calvo Alonso, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número nove da Coruña, nos autos de xuízo verbal de desafiuzamento nº 600/2002-S, sobre reclamación de cantidade, coas partes que se mencionarán, dictouse a sentencia que no encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Sentencia.

Na Coruña, 5 de xuño de 2003. Vistos polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número nove desta cidade, Pablo González-Carreró Fojón, os presentes autos de xuízo verbal de desafiuzamento 600/2002-S, promovidos como parte demandante por José Ramón Novo Peteiro, representado pola procuradora Isabel María Castiñeiras Fandiño, contra Maximiliano Veiga García, declarado en rebeldía, en primeira sentencia, díctase en nome de El-Rei a seguinte: (seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Decido que, estimando integramente a demanda deducida pola procuradora Isabel Castiñeiras Fan

diño, en nome e representación de José Ramón Novo Peteiro, contra Maximiliano Veiga García, en situación procesual de rebeldía, declaro resolto por falta de pagamento da renda o contrato de arrendamento que ligaba as partes sobre o piso 2º dereita da casa nº 140 da rúa do Orzán desta cidade, condeno o demandado a que no prazo legal desaloxe e deixe libre a citada vivenda e os seus anexos, baixo apercibimento de lanzamento se así non o fixer. Impoño ó demandado as custas causadas nesta instancia.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña, que se deberá preparar ante este xulgado dentro dos cinco días seguintes á súa notificación, de acordo co establecido nos artigos 457 e seguintes da Lei de axuizamento civil 1/2000, do 7 de xaneiro. Non se admitirá recurso ningún á parte demandada se ó preparalo non manifesta, acreditándoo por escrito, ter satisfeitas as rendas vencidas e as que consoante o contrato deba pagar adiantadas.

Así, por esta sentencia, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúnciao, mándao e asínao Pablo González-Carreró Fojón. Seguen sinaturas e rúbricas».

E para que conste e sirva de notificación ó demandado rebelde Maximiliano Veiga García e para a súa inserción no DOG e no taboeliro de anuncios deste xulgado, expido e asino este edicto na Coruña, 6 de xuño de 2003.

A secretaria

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA