Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 27 de agosto de 2003 Páx. 10.958

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO NOVE DA CORUÑA

EDICTO (2062/2001).

Eu, Carmen Calvo Alonso, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia da Coruña, fai saber que no expediente de declaración de herdeiros ab intestato, seguido neste xulgado co número 2062/2001, polo falecemento sen testar de Rafael Torres Cubero, DNI 23500273, acontecido en Narón, na residencia de anciáns de Piñeiros, o día 7 de novembro de 1995, promovido polo letrado da Xunta de Galicia se acordou, por resolución desta data, chama-los que se crean con igual e mellor dereito á herdanza que os que a solicitan, para que comparezan no xulgado a reclamala, dentro dos trinta días contados a partir da publicación deste edicto, apercibíndoos de que, de non o verificaren, recaerá sobre eles o prexuízo a que haxa lugar en dereito.

A Coruña, 17 de xuño de 2003.

A secretaria

Rubricado