Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 27 de agosto de 2003 Páx. 10.958

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 2003, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C), escala de titulados náutico-pesqueiros de vixilancia pesqueira, convocado pola Orde do 29 de novembro de 2001 (Diario Oficial de Galicia número 239, do 12 de decembro), modificada pola Orde do 16 de abril de 2002 (Diario Oficial de Galicia número 80, do 25 de abril), pola que se ordena a publicación dos acordos adoptados na sesión que tivo lugar o día 12 de agosto de 2003, relativos ó anuncio da data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio.

En sesión celebrada o día 12 de agosto de 2003 polo tribunal designado para cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C), escala de titulados náutico-pesqueiros de vixilancia pesqueira, convocado pola Orde do 29 de novembro de 2001 (DOG nº 239, do 12 de decembro), modificada pola Orde do 16 de abril de 2002 (DOG nº 80, do 25 de abril), acordouse, de conformidade co establecido nas bases da convocatoria:

De conformidade co disposto na base II.3.1, a orde de actuación dos opositores inciarase alfabeticamente polo primeiro da letra T.

1. Realiza-lo terceiro exercicio da fase de oposición para os titulados naútico-pesqueiros de vixilancia pesqueira, especialidade de Mecamar, o día 13 de outubro de 2003, luns, en chamamento único que se iniciará ás dez (10.00) horas, no Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo (avda. Beiramar, 55).

2. Realiza-lo terceiro exercicio da fase de oposición para os titulados náutico-pesqueiros de vixilancia pesqueira, especialidade de mecánicos de promoción interna e de acceso libre, e patróns de promoción interna e acceso libre, o día 16 de outubro de 2003, xoves, en chamamento único que se iniciará ás dez (10.00) horas, no Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo (avda. Beiramar, 55).

Para a realización deste terceiro exercicio poderán servirse os opositores de textos legais sen comentarios, excluídos os libros de consulta.

Vigo, 12 de agosto de 2003.

Juan Manuel López García

Presidente do tribunal