Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 27 de agosto de 2003 Páx. 10.957

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 20 de agosto de 2003 pola que se eleva a definitiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de vixilancia pesqueira.

De conformidade co disposto nas bases IV e V da convocatoria para o ingreso na escala técnica de vixilancia pesqueira, levada a efecto pola Orde do 29 de novembro de 2001 (DOG nº 238, do 11 de decembro), modificada pola Orde do 16 de abril de 2002 (DOG nº 80, do 25 de abril), e remitida pola Dirección Xeral da Función Pública a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo, elevada polo correspondente tribunal, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Elevar a definitiva a proposta do tribunal dos aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na escala técnica de vixilancia pesqueira do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), que se publica como anexo a esta orde.

Segundo.-Os aspirantes que constan no dito anexo deberán remitir, no prazo de vinte días naturais con

tados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, os documentos ós que se refire a base V da orde da convocatoria.

Terceiro.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo os artigos 8.2º e 10.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais

e Administración Pública

ANEXO

Relación definitiva de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na escala técnica de vixilancia pesqueira do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B)

Promoción interna

DNIPrimeiro

apelido

Segundo

apelido

NomeEx. 1ºEx. 2ºEx. 3ºEx. 4ºConcursoNota final

35428855-TBerrideFerreiraSantiago Fernando9,5319,3019,00Exento7,7655,59

Acceso libre

DNIPrimeiro

apelido

Segundo

apelido

NomeEx. 1ºEx. 2ºEx. 3ºEx. 4ºConcursoNota final

35419083-AOrdasPatiñoGerardo8,6318,3018,30Exento0,0045,23