Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 27 de agosto de 2003 Páx. 10.956

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 18 de agosto de 2003 pola que se nomean funcionarios en prácticas os aspirantes que deben realiza-lo curso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de inspección turística.

De conformidade co disposto na base V.5 da convocatoria para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de inspección turística, levada a efecto pola Orde do 18 de decembro de 2001 (DOG nº 250, do 28 de decembro), e presentada en prazo a documentación correspondente polos aspirantes que deben realiza-lo curso selectivo de conformidade co disposto na Orde do 23 de xuño de 2003 (DOG nº 125, do 30 de xuño), esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Nomear funcionarios en prácticas do corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de inspección turística, os aspirantes que se relacionan no anexo a esta orde.

Segundo.-O nomeamento terá efectos, segundo establece a base V.5 da orde de convocatoria, desde o día 15 de setembro de 2003, data de inicio do

curso selectivo establecida na resolución da Escola Galega de Administración Pública do 30 de xuño de 2003 (DOG nº 129, do 4 de xullo).

Terceiro.-O curso selectivo desenvolverase segundo o establecido na base II.4 da orde de convocatoria e nas resolucións da Escola Galega de Administración Pública do 30 de xuño de 2003 (DOG nº 129, do 4 de xullo) e 30 de xullo de 2003 (DOG nº 152, do 7 de agosto).

Cuarto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo os artigos 8.2º e 10.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais

e Administración Pública

ANEXO

Promoción interna

DNIPrimeiro

apelido

Segundo

apelido

NomeEx. 1ºEx. 2ºEx. 3ºEx. 4ºFase

concurso

Total

32634734AbeijónAbeijónJosé Carlos108Exento5,565,7529,31

Acceso libre

DNIPrimeiro

apelido

Segundo

apelido

NomeEx. 1ºEx. 2ºEx. 3ºEx. 4ºFase

concurso

Total

33281113ToubesNavarroMercedes Patricia16,8618,00Exenta5,677,4047,93

09748303CimasHernandoAna Teresa15,2916,50Exenta5,678,2045,66

34261678FernándezCastroMaría Ana de Jesús15,4915,00Exenta5,118,2043,80

76350422MalloRamaMaría Pilar16,4714,50Exenta5,677,0043,64

35566141RodríguezMourilleCecilio17,4513,00Exento5,007,8043,25

52433693EsmorisVarelaCarlos Alberto14,1114,50Exento5,118,2041,92

33859344SantosPenaMaría Teresa13,5212,50Exento5,227,4038,64

33214743PomboReyMaría de la Soledad15,6811,00Exenta5,336,6038,61

35316069RaposoGonzálezMaría de las Nieves15,4916,00Exenta6,33037,82

32675936ArnosoCalvoMaría Carmen14,7016,50Exenta6,33037,53

52483147GarcíaOteroMiriam13,7212,00Exenta5,006,8037,52

33332556SomozaLópezRocío14,1118,00Exenta5,00037,11

76867873CamposNúñezMaría José14,9015,50Exenta6,33036,73

33854586CamposDíazMaría Encarnación13,1312,00Exenta5,785,2036,11

35323776San MartínZamacolaJoaquín María14,7014,00Exento6,780,2035,68