Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Martes, 26 de agosto de 2003 Páx. 10.919

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 19 de agosto de 2003 pola que se amplía o prazo para a presentación de ofertas do concurso público, polo procedemento aberto, para a contratación da asistencia técnica para a elaboración do estudio A avaliación intermedia do programa rexional de Galicia da iniciativa comunitaria Leader +.

Advertidos erros na devandita resolución, publicada no DOG nº 162, do 22 de agosto de 2003, procede face-la seguinte corrección:

Na sinatura, onde di: «Secretario xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural», debe dicir: «Secretario xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural».