Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Martes, 26 de agosto de 2003 Páx. 10.919

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2003 pola que se fan públicas as adxudicacións dos contratos de obra que se citan. (Expediente CO-12-23-03-01 e outro máis).

O presidente, actuando no nome e na representación do ente público Portos de Galicia segundo

o previsto no artigo 6.3º, da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia, resolve adxudica- las seguintes obras:

* Departamentos para usuarios en Suevos-Arteixo (A Coruña).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Número de expediente: CO-12-23-03-01.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo.

b) Descrición do obxecto: departamentos para usuarios en Suevos-Arteixo.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, nº 101, do 27 de maio de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 246.497,75 euros.

5. Adxudicación.

a) Data: 7 de xullo de 2003.

b) Contratista: Construcciones López Cao, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe adxudicación: 231.091,07 euros.

* Remodelación da dársena do porto de Bueu (Pontevedra).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Número de expediente: PO-13-17-03-01.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo.

b) Descrición do obxecto: remodelación da dársena do porto de Bueu.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, nº 101, do 27 de maio de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 594.170,49 euros.

5. Adxudicación.

a) Data: 7 de xullo de 2003.

b) Contratista: Indeza, S.L.-Aíster, S.A. (UTE).

c) Nacionalidade: española.

d) Importe adxudicación: 513.185,05 euros.

6. Outras informacións.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, modificada pola Lei 4/1999, do 14 de xaneiro, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa e é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade co artigo 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Sen embargo, o interesado poderá optar por interpoñer contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación, ante o mesmo órgano que a dictou, de acordo co disposto no artigo 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 14 de xaneiro.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do

16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2003.

Carlos Negreira Souto

Presidente do ente público Portos de Galicia