Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Martes, 26 de agosto de 2003 Páx. 10.919

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 22 de xullo de 2003, da Delegación Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública unha relación de notificacións de propostas de expedientes sancionadores (PESAN1 2002/000835-5).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, as propostas dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de oito días a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para presentar ante a delegación territorial as alegacións que estime pertinentes.

Os expedientes relacionados de seguido atópanse á disposición dos interesados na citada delegación territorial, Concepción Arenal, 8-5ª planta.

Nº de expediente: PESAN1 2002/000835-5.

Denunciado: Manuel Lojo Triñanes.

DNI: 35415937-P.

Enderezo: Barrio de San Pedro, As Sinas, Vilanova de Arousa.

Vigo, 22 de xullo de 2003.

Marta Molíns Otero

Instructora