Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Luns, 25 de agosto de 2003 Páx. 10.871

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RÁBADE

ANUNCIO de licitación.

A Comisión de Goberno, na sesión que tivo lugar o 22 de xullo de 2003, aprobou o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán o concurso por procedemento aberto, tramitación urxente, do proxecto básico e de execución, da configuración definitiva da rúa Lope de Vega.

Anúnciase o concurso de acordo coas seguintes prescricións:

Entidade adxudicadora: Concello de Rábade.

Organismo: Comisión de Goberno.

Dependencia que tramita o expediente: secretaría do concello.

1. Obxecto do contrato.

Execución do proxecto básico e de execución, da configuración definitiva da rúa Lope de Vega, de acordo co prego de cláusulas administrativas particulares. Así como o prego de prescricións técnicas

e proxecto técnico redactados polo arquitecto José Ignacio López de Rego Uriarte.

2. Lugar de execución: Municipio de Rábade. Prazo de execución: catro (4) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: importe: 150.127,44 A (IVE incluído).

5. Garantías.

Provisional: equivalente ó 2% do orzamento do contrato base da licitación na forma prevista no prego de cláusulas administrativas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Rábade.

b) Domicilio: r/ Lope de Vega, s/n.

c) Localidade e código postal: Rábade, 27370.

d) Teléfono: 982 39 00 62.

e) Telefax: 982 39 04 11.

f) Data límite de obtención de documentación e información: o día anterior a finaliza-lo prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación:

Dentro do grupo A) Movementos de terras e perforacións.

Subgrupo I. Desmontes e baleirados.

Dentro do grupo G) Viais e pistas.

Subrupo 6. Obras viais sen cualificación específica.

Dentro do grupo I) Instalacións eléctricas.

Subgrupo I. Iluminacións e balizamentos luminosos.

Outros requisitos: os especificados no prego de cláusulas administrativas, sobre solvencia técnica e económica.

8. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación: finalizará ós 13 días naturais contados desde o seguinte ó da data da publicación do anuncio no BOP e no Diario Oficial de Galicia, o que sexa posterior.

Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Lugar de presentación.

1ª Entidade: rexistro xeral do Concello de Rábade.

2ª Domicilio: r/ Lope de Vega, s/n.

3ª Localidade e código postal: Rábade, 27370.

10. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario.

Rábade, 28 de xullo de 2003.

Francisco Xosé Fernández Montes

Alcalde