Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Luns, 25 de agosto de 2003 Páx. 10.871

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-469).

Por resolución desta Alcaldía nº 2749/2003, do 23 de xuño, acordouse aprobar inicialmente o Plan especial de protección e acondicionamento do río Xientiña, contiguo á lagoa de Mera (P.E. 5), en Maianca. Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do devandito expediente nas oficinas municipais de Urbanismo de 8.30 a 13.00 horas tódolos días laborables, polo prazo dun mes, a través de anuncios no DOG e nos dous xornais de maior circulación da provincia en dous días consecutivos, que computará desde a derradeira publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 31 de xullo de 2003.

Ángel García Seoane

Alcalde-presidente