Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Luns, 25 de agosto de 2003 Páx. 10.871

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUGARDOS

ANUNCIO de estudio de detalle para o establecemento de aliñacións e rasantes na rúa prevista polo Plan xeral entre a rúa Os Corzás e a rúa Alta: aprobación inicial.

A Comisión de Goberno, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 7 de agosto de 2003, aprobou inicialmente o estudio de detalle para o establecemento de aliñacións e rasantes na rúa prevista polo PXOM entre a rúa Os Corzás e a rúa Alta.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 86.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, para efectos de que durante o prazo de vinte días, contado a partir da publicación deste anuncio no DOG, poidan formula-las reclamacións e alegacións que se consideren pertinentes.

Suspensión de licencias.

Así mesmo, a Comisión de Goberno, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 7 de agosto de 2003, acordou a suspensión de licencias de parcelación de terreos, edificación e demolición para as áreas determinadas no devandito estudio de detalle. O que se fai público en cumprimento do artigo 77 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio deste anuncio e publicación no taboleiro de edictos do concello, notifícaselle-lo acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados, respecto ós cales non se puidese practica-la notificación.

Mugardos, 13 de agosto de 2003.

Xosé Fernández Barcia

Alcalde