Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Luns, 25 de agosto de 2003 Páx. 10.872

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

MINISTERIO DE FOMENTO

NOTA-ANUNCIO.

Con data do 21 de xullo de 2003, a Secretaría de Estado de Infraestructuras resolveu aprobar tecnicamente o estudio informativo do Eixe Atlántico de alta velocidade. Tramo A Coruña-Ferrol (A Coruña).

En virtude da dita resolución e conforme o disposto no artigo 228.2º do vixente regulamento da Lei de ordenación dos transportes terrestres, sométese a información pública o dito estudio informativo, por un período de trinta días (30) hábiles, contados a partir da data de publicación do presente anuncio no BOE para ser examinado polas persoas que o desexen, que poderán formular observacións que deberán versar sobre circunstancias que xustifiquen a declaración de interese xeral da liña e sobre a concepción global do seu trazado.

A información pública éo tamén para os efectos medioambientais indicados no procedemento de avaliación de impacto ambiental regulado polo Real decreto lexislativo 1302/1986 e o seu regulamento de aplicación (artigo 15).

O estudio informativo estará exposto ó público en días e horas hábiles de oficina, nos locais da Delegación do Goberno en Galicia (praza de Ourense s/n, 15701 A Coruña), e na Dirección Xeral de Ferrocarrís do Ministerio de Fomento (praza dos Sagrados Corazóns, número 7, planta baixa, 28071 Madrid).

Así mesmo, nos concellos da Coruña, Culleredo, Oleiros, Cambre, Abegondo, Bergondo, Betanzos, Paderne, Miño, Pontedeume, Cabanas, Fene, Neda, Narón e Ferrol (A Coruña) estará á disposición dos interesados unha separata-extracto do estudio informativo no que afecta ós ditos municipios.

As alegacións que se formulen irán dirixidas á Subdirección Xeral de Plans e Proxectos de Infraestructuras Ferroviarias, praza dos Sagrados Corazóns, número 7, 28701 Madrid, indicando como referencia: información pública do estudio informativo do Eixe Atlántico de alta velocidade, tramo A Coruña, Ferrol (A Coruña).

Madrid, 21 de xullo de 2003.

Eduardo Molina Soto

Subdirector xeral de Plans e Proxectos

de Infraestructuras Ferroviarias