Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Luns, 25 de agosto de 2003 Páx. 10.870

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CAÑIZA

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello da Cañiza.

Segundo o disposto no artigo 92.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, faise público que o Pleno do Concello da Cañiza, en sesión que tivo lugar o 27 de xuño de 2003, aprobou definitivamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello da Cañiza, logo do informe favorable da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 18 de xuño de 2003.

Con data do 17 de xullo de 2003 comunícaselle á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda este acto de aprobación definitiva, á vez que se lle dá traslado dunha copia adverada do expediente administrativo completo e de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con tódolos planos e documentos que o integran e sobre os que recaeu o acordo de aprobación definitiva, debidamente dilixenciados polo secretario municipal.

De acordo co sinalado nos artigos 65.2º e 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, a entrada en vigor do Plan Xeral de Ordenación Municipal da Cañiza producirase unha vez que transcorran 15 días desde a publicación no BOP de Pontevedra do texto íntegro das ordenanzas e do articulado das normas urbanísticas do plan xeral.

Contra este acordo, que pon fin a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Todo iso sen prexuízo de calquera outro recurso ou acción que coiden oportunos.

A Cañiza, 17 de xullo de 2003.

César J. Mera Rodríguez

Alcalde