Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Luns, 25 de agosto de 2003 Páx. 10.870

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARBADÁS

OPOSICIÓN libre dunha praza de técnico de Administración xeral.

No BOP de Ourense do día da data publícanse as bases íntegras da convocatoria de oposición libre para a provisión, en propiedade, dunha praza de técnico de Administración xeral, funcionario de carreira, vacante no cadro de persoal e incluída na oferta de emprego público de 2003. O prazo de presentación de instancias é de 20 días naturais contados a partir da publicación do pertinente anuncio no BOE e deberán presentarse no rexistro municipal ou en calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, dirixidas ó alcalde. Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse no taboleiro municipal de edictos e no BOP de Ourense. O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 233.3º da Lei 5/1997, de Administración local de Galicia.

Barbadás, 14 de agosto de 2003.

O alcalde

Rubricado