Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Luns, 25 de agosto de 2003 Páx. 10.869

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a iniciación do dereito de audiencia nos expedientes sancionadores na orde social 407 e 470/2003.

Non sendo atopados no enderezo coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.5º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte á súa publicación no DOG, durante o que poderán exerce-lo dereito de audiencia do expediente, previo á resolución nesta Delegación Provincial

de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da Coruña, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2º do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.

-Expediente nº: 2003/407.

Acta Inf. nº: 473/2003.

Empresa: Candaira Coruña I.V.R., S.L.

NIF/DNI: B-15582844.

Enderezo: A Ermida, nº 2, polígono A Grela-Bens (A Coruña).

Materia: seguridade e hixiene.

Proposta de sanción: 300,00 euros.

Resumo da acta de infracción:

Visitada a obra de construcción sita en travesía Sta. Catalina, nº 5-7 e 9 (A Coruña), comprobouse que carecía de servicios hixiénicos e vestiarios para uso dos traballadores que prestaban servicios nela.

Vulnérase o anexo IV parte A, 15 do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro.

Falta leve en grao mínimo, tipificada e sancionable de conformidade cos artigos 11.4º e 39.3º d) e 40.2º a), respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, en atención ó número de traballadores afectados.

-Expediente nº: 2003/470.

Acta Inf. nº: 552/2003.

Empresa: Confecciones Asturgal, S.L.

NIF/DNI: B-15826472.

Enderezo: rúa Paraguay, 3-1º, Meicende (Arteixo).

Materia: traballo.

Proposta de sanción: 3.006,00 euros.

Resumo da acta de infracción:

Visitado o centro de traballo de referencia, constatouse que cesou na súa actividade con data do 28-2-2003, e que as traballadoras causaron baixa na Seguridade Social tamén con esa data. A empresa non lle solicitou á autoridade laboral competente autorización para proceder ó despedimento colectivo, conforme o procedemento de regulación de emprego.

Vulnérase o artigo 51 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, en relación co Real decreto 43/1996, do 19 de xaneiro.

Falta moi grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de conformidade cos artigos 39.1º e 3º e 40.1º c) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Documentos que constan nos expedientes:

-Actas de infracción.

-Xustificantes das notificacións.

A Coruña, 24 de xullo de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña