Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Luns, 25 de agosto de 2003 Páx. 10.866

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/480).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, A Coruña.

Denominación: L.M.T. Féas-Sagrón-Río Chancelas.

Situación: Cariño.

Características técnicas: liña eléctrica aérea a media tensión a 20 kV, sobre apoios de formigón

e metálicos tubulares e con conductores LA-110 en 1.137 m e PAS-120 en 3.571 m de lonxitude, coa orixe no C.T. Feás e final no apoio nº 36 da liña proxectada, ó que segue tramo subterráneo, baixo tubo, con conductores R.H.Z.1 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 80 m de lonxitude e final na liña subterránea que alimenta ó C.T. Cerca, no termo municipal de Cariño.

O expediente someteuse ós trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Na fase de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

Os propietarios do predio nº 151, hrdos. de José Martínez Díaz, alegan que non están de acordo coa valoración que fixo Unión Fenosa Distribución, S.A., do seu predio.

Unión Fenosa Distribución, S.A., manifesta que en caso de non chegar a un acordo amigable poden presentar folla de aprecio valorando os prexuízos que consideren e será o Xurado Provincial de Expropiación, quen determine o prezo xusto.

Os propietarios dos predios nº 85, 107, 112, 131, 151, 168, 194, 196, 204, 209 e 215, Luisa Martínez Fraguela no seu propio nome e en representación da súa nai Luisa Pumar Martínez e hrdos. de Darío Salgueiro Veiga, alegan que o solicitante da liña se negou a calquera tipo de negociación ou consenso co titular dos predios.

Unión Fenosa Distribución, S.A., manifesta que non foi posible alcanzar un acordo amigable a pesar de intentalo, permanecendo, non obstante, á disposición da propiedade para alcanzalo, en todo caso poderá presentar, no seu momento, folla de aprecio valorando os prexuízos que cosideren lle cause a dita instalación co fin de que o Xurado Provincial de Expropiación determine o xustiprezo definitivo.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, e o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, esta delegación provincial resolve:

Autorizar, aproba-lo proxecto de execución e declarar de utilidade pública, en concreto, as devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no anteproxecto, e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións excutaranse nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria

e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 4 de xullo de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña