Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Luns, 25 de agosto de 2003 Páx. 10.867

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/117).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. peirao Centenario (terminal de contenedores UTE Rías Altas).

Situación: A Coruña.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 15 kV, dunha lonxitude de 0,120 km, coa orixe e final intercalando C.T.C. proxectado na L.M.T.S. PUE703B edificio pesca 3, entre o C.T.C. peirao San Diego Biometanol (expediente 160/2002) e C.T. Campsa San Diego, conductor R.H.V. 12/20 kV-3x240 Al.

Centro de transformación manobra exterior (prefabricado) peirao do Centenario, cunha potencia nominal de 630 kVA e unha relación de transformación de 15.000/380-220 V. Concello da Coruña.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta reso

lución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

A Coruña, 4 de xullo de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña