Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 22 de agosto de 2003 Páx. 10.834

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOS

ANUNCIO de licitación.

Aprobados por acordo da Comisión Municipal de Goberno os pregos de condicións económico-administrativas que rexerán o procedemento para a contratación da execución das obras referenciadas, exponse ó público durante 10 días, contados a partir do seguinte ó de publicación deste anuncio no BOP para que poida presentarse reclamacións por quen se considere interesado.

Asemade, anúnciase o concurso, aínda que a licitación se aprazará canto resulte necesario de presentarse reclamacións ós pregos.

Durante o prazo de presentación de instancias permanecerá así mesmo exposto o correspondente proxecto técnico, podendo presentarse as alegacións que se entendan oportunas.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Mos.

2. Obxecto do contrato: execución da obra de colector saneamento en Atín-campo de Eiró. Prazo de execución: 6 meses.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Tipo licitación: 120.193,93 euros, IVE e demais tributos incluídos, aínda que se deberá considera-la posibilidade exposta ó final deste anuncio.

5. Garantías: provisional: non se esixe. Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Obtención de información e documentación: Concello de Mos. Reguengo nº 1 Petelos. Mos 36416. Pontevedra. Teléfono: 986 33 12 00, telefax: 986 33 66 18.

7. Presentación de proposicións.

a) Prazo e lugar: no Concello de Mos (Pontevedra) durante os 26 días naturais desde o seguinte ó de

publicación deste anuncio no último dos boletíns no que apareza (DOG ou BOP), das 9.00 ás 14.00 de luns e venres, das 9.00 ás 13.00 os sábados, no rexistro xeral do concello ou na forma sinalada na cláusula 7 do prego de condicións.

b) Documentación que hai que presentar: as proposicións constarán de 2 sobres pechados, A e B, denominados Documentación xeral e Documentación específica para o concurso, coas inscricións e contendo a documentación que se sinala na cláusula 11 dos pregos de condicións.

8. Apertura das ofertas: ás 13.00 horas do 6º día hábil seguinte ó de finalización do prazo para a presentación de proposicións (para efectos da apertura, o sábado considerarase inhábil).

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

10. Modelo de proposición contido nos pregos de condicións.

ANEXO

Modelo de proposición

D..., co DNI nº..., actuando en nome propio ou en representación da entidade...; con enderezo para efectos de notificacións en..., tendo coñecemento do concurso tramitado polo Concello de Mos para a execución da obra de colector saneamento en Atín-Campo de Eiró e informado dos pregos aprobados para o efecto, comprométese a efectuala ofertando as seguintes mellora:

-Baixa sobre o tipo de licitación: ...euros (...ptas.); que supón unha porcentaxe do ...% sobre tal tipo.

Prazo de execución: ...

...

Lugar e data

(Sinatura)

Máis informacións nos pregos, que se consultarán en horario de oficina na propia casa do concello ou que se poden solicitar para a súa remisión por correo, segundo establecen estes.

Mos, 28 de xullo de 2003.

María Jesús Escudero Lago

Alcaldesa